Luís XVIII de Francia
Luís XVIII foi un rei de Francia (Versalles, 17 de novembro de 1755 — París, 16 de setembro de 1824), rei titular dende 1795 e de feito entre 1814 e 1824, a excepción do breve período do Imperio dos Cen Días. Coñecido polo seu título de conde de Provenza, era irmán de Luís XVI. Durante o reinado deste adoptou unha postura avanzada, próxima ao pensamento da Ilustración, e ata aceptou a Revolución de 1789.
Luís XVIII de Francia | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Comte de Lille e Comte de Provence |
Nacemento | 17 de novembro de 1755 |
Lugar de nacemento | Palacio de Versalles |
Falecemento | 16 de setembro de 1824 |
Lugar de falecemento | Palácio das Tulherias |
Causa | doenza |
Soterrado | Basílica de Saint-Denis |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | político |
Pai | Luís de Bourbon (1729-1765) |
Nai | Maria Josefa de Saxônia |
Cónxuxe | Maria Josefina de Savoia |
Irmáns | Maria Teresa de França, Maria Zeferina de França, Xavier, Duque da Aquitânia, Luís, Duque da Borgonha, Luís XVI de Francia, Carlos X de Francia, Isabel de França (1764-1794) e Maria Clotilde de França |
Premios | Cabaleiro da orden do Espírito Santo, Cabaleiro da Orden de San Miguel, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Orde da Aguia Negra, Order of Saint Anna, 1st class, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Ordem de Santo André, Grand Master of the Legion of Honour, Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes, Gran cruz da Lexión de Honor, Ordem do Espírito Santo, Ordem de São Miguel, Order of Our Lady of Mount Carmel and Saint Lazarus of Jerusalem, Ordem de São Luís, Décoration du Lys, Orde da Xarreteira, Order of Saint Stephen of Hungary, Orde do Elefante, Orde do Vélaro de Ouro, Banda das Três Ordens e Cabaleiro da Orde de Santo Alexandre Nevski |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Máis tarde, con todo, a evolución da Francia revolucionaria decidiulle a fuxir do país en 1791 (o mesmo día que o rei era detido en Varennes cando intentaba escapar por outro camiño); reuniuse co seu outro irmán (o futuro Carlos X) e empezou a encabezar as intrigas dos emigrados contra o réxime revolucionario, dirixindo unha rede de espías e mantendo contacto cos insurxentes contrarrevolucionarios do interior.
Trala execución de Luís XVI en 1793, proclamouse rexente no exilio, e logo rei pola morte do delfín Luís XVII (1795). Con todo, a causa da restauración dos Borbóns pasou por horas baixas durante o período de Napoleón, que premeu aos restantes Estados europeos para entorpecer as actividades do pretendente.
Logo de peregrinar por varios países, as derrotas de Napoleón en 1813-14 abríronlle novas perspectivas: co apoio de Gran Bretaña e de Talleyrand abriuse paso a idea de poñer a Luís no Trono cando se consumase a vitoria aliada sobre Francia. Desembarcou en Calais e prometeu aos franceses establecer unha monarquía constitucional, que plasmou na Carta outorgada de 1814, onde a autoridade do rei quedaba limitada por un Parlamento bicameral e pola garantía dos dereitos individuais dos súbditos.
Véxase tamén Editar
Artigos relacionados Editar
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |