Luís XII de Francia
Luís XII de Francia ou Luís de Orleans, tamén alcumado co nome de Pai do pobo,[1] foi un monarca da Casa de Valois quen gobernou como rei de Francia desde 1498 ata 1515 e como rei de Nápoles desde 1501 ata 1504, nado en Blois (Francia) o 27 de xuño de 1462 e finado en París o 1 de xaneiro de 1515. Fillo de Carlos I de Orleans e María de Clèves. É coroado como rei de Francia tras falecer o seu primo Carlos VIII e sen deixar descendencia. Estivo casado con Xoana de Valois, con Ana da Bretaña, con quen tivo dúas fillas, a futura raíña de Francia Claudia (1499-1524) e Renata (1510-1575), e con María Tudor.
Luís XII | ||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei de Francia Rei de Nápoles | ||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||
Luís XII de Francia | ||||||||||||||||||
Rei de Francia | ||||||||||||||||||
7 de abril de 1498 - 1 de xaneiro de 1515 | ||||||||||||||||||
Predecesor | Carlos VIII | |||||||||||||||||
Sucesor | Francisco I | |||||||||||||||||
Duque da Bretaña (Xunto a Ana da Bretaña) (Como Luís II) | ||||||||||||||||||
1499 - 1514 | ||||||||||||||||||
Predecesor | Ana da Bretaña | |||||||||||||||||
Sucesor | Claudia de Francia | |||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||
Nacemento | 27 de xuño de 1462 Blois | |||||||||||||||||
Falecemento | 1 de xaneiro de 1515 París | |||||||||||||||||
Consorte | Xoana de Valois Ana da Bretaña María Tudor | |||||||||||||||||
Descendencia | Con Ana da Bretaña (ver Primeiro matrimonio) | |||||||||||||||||
Casa real | Valois-Orleans | |||||||||||||||||
Proxenitores | Carlos I de Orleans - Adoptado por Luís XI os tres anos cando falece o seu proxenitor María de Clèves | |||||||||||||||||
Na rede | ||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() | ||||||||||||||||||
TraxectoriaEditar
Era fillo de Carlos I de Orleans (alcumado como príncipe poeta) e de María de Clèves neto do duque Luís de Valois (irmán máis novo do rei Carlos VI), que foi asasinado en 1407 polo duque Xoán Sen Medo de Borgoña e bisneto de Carlos V de Francia. En 1465 ao quedar orfo foi adoptado polo rei Luís XI, ao mesmo tempo que recibía os títulos dos ducados de Valois e de Orleans. Casou por primeira vez en 1476 coa princesa Xoana de Valois, filla do rei Luís XI de Francia e de Carlota de Savoia. Con este matrimonio non tivo fillos polo que Luís consegue, en 1498, que o papa Alexandre VI anule o seu primeiro matrimonio (para iso deulle ao fillo de Alexandre, César Borgia o ducado de Valentinois) baseándose en que o casamento fora imposto por Luís XI. O matrimonio foi anulado a fin de permitir que casase coa viúva de Carlos, a ex raíña consorte, Ana da Bretaña (1477-1514), que era a filla e herdeira de Francisco II da Bretaña, nunha estratexia destinada a integrar o ducado da Bretaña na monarquía francesa.
En 1484, descontento coa rexencia de Ana de Francia, participa na chamada Guerra tola e cae prisioneiro na batalla de Saint-Aubin-du-Cormier, en xullo de 1488. Indultado tras tres anos de prisión, segue ao seu curmán o rei Carlos VIII a Italia onde fracasará nos seus plans de conquistar o ducado de Milán, para o seu propio beneficio, durante a que seria coñecida como primeira guerra de Italia.
Casou, en segundas nupcias, o 8 de xaneiro de 1499 en Nantes coa duquesa Ana da Bretaña, viúva do seu primo Carlos VIII de Francia. Desta unión naceron:
- A princesa Claudia de Francia (1499 - 1524), casada en 1514 con Francisco I de Francia
- A princesa Renata de Francia (1509 - 1575), casada en 1528 co duque Hércules II de Ferrara
- Un fillo sen nome (1508)
- Un fillo morto ao nacer (1512)
O 9 de outubro de 1514 casou en terceiras nupcias, en Abbeville coa princesa María Tudor, filla de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York. Desta unión non tivo fillos.
MorteEditar
Luís morreu o 1 de xaneiro de 1515, e foi enterrado na Basílica de San Denis. Debido á tradición da lei sálica, que non permitía ás mulleres herdar o trono de Francia, foi sucedido polo fillo do seu primo irmán, Francisco I (que tamén era o seu xenro), quen fundou a súa propia liña dinástica de reis franceses.
NotasEditar
- ↑ Alcume que que recibiu na xunta dos Estados Xerais de 1506
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- André Maurois (1951): Historia de Francia. Editorial Surco. Madrid.
- Hochner, Nicole (2006): Louis XII: Les dérèglements de l’image royale, collection «Époques» Seyssel: Champ Vallon
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís XII de Francia |
Rei de Francia | ||
---|---|---|
Segue a: Carlos VIII |
Luís XII de Francia | Precede a: Francisco I |
Dinastía de Valois |