Lois VI de Francia

rei de Francia
(Redirección desde «Luís VI de Francia»)

Lois VI de Francia[1] ou Luís VI de Francia, o Gordo ou o Batallador[2], nado en París o 1 de decembro de 1081 e finado en Bethisy (Picardía) en 1137, foi rei de Francia entre 1108 e 1137.

Modelo:BiografíaLois VI de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis VI de France Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1081 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1137 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Château de la Douye, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Rei dos francos
30 de xullo de 1108 – 1 de agosto de 1137
← Filipe I de FranciaLois VII de Francia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde
Rei dos francos Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía dos Capetos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdela de Saboia (1115 (Gregoriano)–)
Lucienne de Rochefort (1104 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
ParellaMarie de Breuillet Editar o valor en Wikidata
FillosIsabelle de France, fillo ilexítimo
 () Marie de Breuillet
Filipe de Francia, Arquidiácono de París
 () Adela de Saboia
Filipe de Francia
 () Adela de Saboia
Lois VII de Francia
 () Adela de Saboia
Enrique de Francia, Arcebispo de Reims
 () Adela de Saboia
Roberto I de Dreux
 () Adela de Saboia
Pedro I de Courtenay
 () Adela de Saboia
Constanza de Francia, condesa de Tolosa
 () Adela de Saboia Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe I de Francia Editar o valor en Wikidata  e Berta de Holanda Editar o valor en Wikidata
IrmánsConstança de França
Cecília de França Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Louis VI., le Gros
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1783352 WikiTree: Capet-14 Find a Grave: 21089 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Orixes familiares

editar

Nado en París no seo da dinastía Capeto, foi o segundo fillo, o primeiro varón, do rei Filipe I de Francia e a súa primeira esposa, Berta de Holanda.[3] Era neto por liña paterna de Henrique I de Francia e Ana de Kíiv, e por liña materna de Florián I de Holanda e Xertruda de Saxonia.

Matrimonios e descendentes

editar

Casou no 1104 con Lucía de Rochefort, filla de Guido II de Rochefort e Isabel de Crecy. Desta unión naceu unha filla, a princesa Isabel de Francia (1105 - 1175), casada en 1119 co seu primo Guillerme de Vermandois.

En 1107, Lois VI de Francia conseguiu divorciarse da súa muller para casar de novo. Casou, en segundas nupcias, o 4 de maio de 1115 en París con Adelaida de Savoia, filla do conde Humberto II de Savoia e Xisela de Borgoña. Desta unión naceron:

Ascenso á coroa

editar

Foi nomeado herdeiro e coroado rei en 1101, como mandaba a tradición capeta en vida aínda do monarca. Á morte do seu pai en 1108 sucedeuno na coroa francesa a pesar da oposición da segunda esposa do rei francés, Bertrada de Montfort. Esta tentou matalo en varias ocasións para que o fillo que tivera co rei puidese sucedelo.

Lois VI de Francia estivo a piques de caer en mans inglesas durante a batalla de Bremule en 1119, en Normandía, contra o exército de Henrique I. Un soldado normando conseguiu coller as rendas do seu cabalo e, eufórico, clamou: "Capturei o rei!". Non obstante, o monarca galo, enfadado, bateu no seu captor e, mentres fuxía, dixo: "Nunca se pode capturar un rei, nin sequera no xadrez!" [4].

Foi un rei enérxico, que tivo como colaborador o abade Suger de Saint-Denis. Pasou a maior parte do seu reinado pacificando a rexión da Illa de Francia e combatendo incursións dos señores feudais. Foi un administrador capaz e consolidou o patrimonio, outorgando privilexios ás cidades e creou comunidades rurais, ás que atraeu os agricultores mediante a concesión de franquías.

Lois VI o Gras morreu o 1 de agosto de 1137 no castelo de Béthisy, preto de Amiens, sendo enterrado na catedral de Saint-Denis.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 
  2. Académie des inscriptions et belles-lettres Histoire littéraire de la France 1841 pàgina 656
  3. Philippe Delorme (2001). Aliénor d'Aquitaine : épouse de Louis VII, mère de Richard Coeur de Lion (en francès). 
  4. Isabel Margarit. Historia y Vida - 495 - Tesoros del Nil (en castellà). Prisma Publicaciones. ISSN 0018-2354. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar