Luís Sánchez Artús

fotógrafo galego

Luís Daniel Sánchez Arthous (Artús), coñecido como Artús ou Arthous, nado na Coruña o 23 de xaneiro de 1891 e finado na mesma cidade o 16 de decembro de 1964, foi un fotógrafo galego.

Infotaula de personaLuís Sánchez Artús
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1891 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de decembro de 1964 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba, onde aprendeu fotografía. Retornado á Coruña colaborou con varios periódicos e revistas e foi redactor gráfico de La Voz de Galicia, onde se xubilou en 1961.[1][2] Finou na Coruña o 16 de decembro de 1964.[3]

Vida persoal editar

Casou con Irene Velasco Baamonde e foi pai de Luís, Irene, Carmen, María, Aurelia e Carlos Sánchez Velasco.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 17-12-1964, p. 8.
  2. "Los periodistas de La Coruña han rendido un cordial homenaje a su veterano compañero don Luis Sánchez Artús, que se ha jubilado como redactor gráfico de La Voz de Galicia". Destino (1233). 25 de marzo de 1961. p. 7. 
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-12-1964, p. 6.