Luís Morillo Uña
Luís Morillo Uña, nado en Berlanga (Badaxoz) en 1903 e finado en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1937, foi un médico e profesor español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Berlanga, España |
Morte | 4 de xaneiro de 1937 (33/34 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | suicidio |
Actividade | |
Ocupación | médico, catedrático |
Traxectoria
editarEstudou Medicina e fixo o doutoramento na Universidade de Madrid en 1930. Discípulo de Manuel Varela Radío, con quen comezou a traballar en 1922, estivo pensionado pola Junta para Ampliación de Estudios en Berlín, onde estudou co profesor Erwin Schröder e o seu axudante Robert Mayer, Frankfurt, Múnic e París. Regresou a España en 1929 e logrou a cátedra de Xinecoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era decano da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Foi destituído pola Delegación Militar da Coruña en agosto. Acosado e perseguido pola Falange de Santiago, suicidouse no seu propio domicilio.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gurriarán Rodríguez, Ricardo (2006). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940) : do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. ISBN 84-9750-644-8. Consultado o 10 de xuño de 2013.
- Simón Lorda, David (2012). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18: 357. Consultado o 10 de xuño de 2013.