Luís Menéndez Villalva
Luís Menéndez Villalva, nado en Ourense en 1959, é un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis Menéndez Villalva 1959 (64/65 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid (1981). Traballou en publicacións de prensa, radio e televisión, e foi dos pioneiros da TVG, onde creou e dirixiu a serie Galegos no mundo e numerosos programas como Galeguidade, Europa ou Camiños de Santiago. É presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), delegado para as Relacións Internacionais da FAPE (Federación Española de Periodistas), e foi directivo do comité executivo da IFJ (International Federation of Journalists. 2013/16) e da Federación Europea de Xornalistas (EFJ 2016/19). É o vicepresidente do comité de expertos dos sector audiovisual (BREG) da EFJ. Directivo do PEN-Galicia, e da FICS (Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago).
Obras editar
- Toda terra é dos homes. Galegos no mundo, 1993.[1]
- Vida e viaxes na galeguidade, 1997.
- Galleira passport, 2014.[2]
Obras colectivas editar
- Emigración e Exilio nos Estados Unidos de América: Experiencias de Galicia e Azores. Consello da Cultura Galega, 2015.
- Homenaxe ao libro desde Ourense. 2002.
- Marcos Valcárcel: O valor da xenerosidade. Ourense 2009.
- "Relatos desde el Hormigón". Madrid, 2020.
Documentais editar
- Terras de Merlín.
- Terras do Leste.
- Terras de Acolá
- Operación Dulcinea
- O fillo do mar
- Exeria, a primeira peregrina
Premios editar
- Premio Nacional Alvaro Cunqueiro (Madrid.1983).
- Premio Galicia de Xornalismo (Santiago.1990)
- Celtic Media Festival. Finalist (Glasgow.2002)
- "Aurelio Carracedo" de Xornalismo (Ourense. 2004)
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- http://pengalicia.gal/luis-menendez/Arquivado 01 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.
- https://web.archive.org/web/20180201133828/http://periodistascompostela.gal/index.php/a-asociacion/xunta-directiva
- http://fape.es/conformado-el-grupo-de-expertos-audiovisuales-en-la-federacion-europea-de-periodistas/