Luis Liz Marzán

doutor en química
(Redirección desde «Luís Liz Marzán»)

Luís Manuel Liz Marzán, nado en Lugo o 20 de decembro de 1965, é un químico galego especializado na síntese de nanomateriais con propiedades ópticas especiais e as súas aplicacións en biomedicina.

Infotaula de personaLuis Liz Marzán
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPlasmonic Nanoparticles (en) Traducir, interface and colloid science (en) Traducir e Biomedicina Editar o valor em Wikidata
OcupaciónBiomédico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCIC biomaGUNE (en) Traducir (2012–)
Ikerbasque (en) Traducir (2012–)
Universidade de Vigo, catedrático (1995–2012) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 518815

Traxectoria editar

Licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1988 e na mesma universidade obtivo un doutoramento en 1992, tras realizar unha tese de doutoramento titulada “Microemulsiones. Un novo medio de reacción para a síntese de partículas magnéticas ultrafinas”, baixo a dirección de M. Arturo López Quintela. Tras dous anos de investigación postdoutoral na Universidade de Utrecht (Países Baixos) regresou a España en 1995, facendo carreira na Universidade de Vigo, onde obtivo unha cátedra de Química Física en 2006.

En 2012 trasladouse a Donostia-San Sebastián, como Profesor de Investigación Ikerbasque e Director Científico do Centro de Investigación Cooperativa en Biomateriais, CIC biomaGUNE. Durante breves períodos foi profesor visitante en diversas institucións de todo o mundo, como Tohoku University (Xapón), Universidade de Míchigan (Estados Unidos de América), The University of Melbourne (Australia), Universität Hamburg (Alemaña), Max Planck Institute of Colloids and Interfaces (Alemaña), King Saud University (Arabia Saudita), École Normale Supérieure Paris-Saclay (Francia), Jiangnan University (China) e Collège de France.

Investigación editar

As principais liñas de investigación de Luís Liz Marzán son:

  • Síntese, caracterización e modelización de nanopartículas e materiais de interese en nanomedicina e outras nanotecnoloxías: Nanomateriais plasmónicos.
  • Procesado de nanopartículas en forma de monocapas e multicapas autoensambladas, agregados coloidais etc.
  • Aplicacións de espectroscopia Raman amplificada en superficies (SERS) para detección e diagnóstico.

Proxectos Destacados editar

  • 2011 - Advanced Grant do European Research Council para o proxecto Development of plasmonic quorum sensors for understanding bacterial- eukaryotic cell relations[1]
  • 2018 - Obtención de Advanced Grant do European Research Council para o proxecto Four-Dimensional Monitoring of Tumour Growth by Surface Enhanced Raman Scattering[2]

Premios e recoñecementos editar

Notas editar

  1. "PLASMAQUO". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 07 de xaneiro de 2020. 
  2. "4DbioSERS.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 07 de xaneiro de 2020. 
  3. "Académicos. Excmo. Sr. D. LUIS MANUEL LIZ MARZÁN". rac.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01-06-2020. Consultado o 7-1-2020. 
  4. "Academia de Ciencias Matemáticas, Físico-Químicas y Naturales. Académicos correspondientes (por orden alfabético)". ugr.es (en castelán). Consultado o 7-1-2020. 
  5. Blaise Pascal Medal
  6. JCIS- Darsh Wasan Award
  7. EuropeanColloid and Interface Society
  8. Burdinola
  9. Fundación Alexander von Humboldt
  10. "Luís Liz Marzán e Noam Chomsky, dous dos homenaxeados no día da Ciencia en galego". cienciaengalego.org. 11-11-2019. Consultado o 7-1-2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar