Lois III da Provenza

(Redirección desde «Luís III de Anjou»)

Lois III da Provenza, coñecido como Lois de Calabria ata a morte do seu pai, para diferencialo deste, tamén chamado Lois de Anjou, nado en 1403 e finado en Cosenza, Italia, en 1434, foi conde da Provenza, duque de Anjou e rei titular de Nápoles (1417 - 1434), e duque de Calabria (1426 - 1434).

Lois III da Provenza
Nacemento25 de setembro de 1403
Lugar de nacementoAngers
Falecemento12 de novembro de 1434
Lugar de falecementoCosenza
Causamalaria
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónmonarca
PaiLois II de Nápoles
NaiIolanda de Aragão
CónxuxeMargarida de Savoia (duquesa de Anjou)
IrmánsRenato I de Nápoles, Carlos, Conde de Maine, María de Anjou e Iolanda de Anjou
Na rede
WikiTree: Anjou-318
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Orixes familiares editar

Primeiro fillo de Lois II da Provenza e Iolanda de Aragón, herdou o condado da Provenza así como os dereitos sobre o reino de Nápoles á morte do seu pai.

Como neto de Xoán I de Aragón, foi pretendente á Coroa de Aragón á morte de Martiño o Humano. O seu partido formouse arredor da súa avoa Iolanda de Bar, viúva de Xoán I, e cando a súa candidatura non prosperou, pasou a apoiar a Fernado de Antequera.

Ascenso ao trono editar

O 4 de decembro de 1419 foi coroado rei de Nápoles polo papa Martíño V, coa oposición dos seus parentes Anjou-Durazzo.

As disputas entre as dúas ramas familiares sobre os dereitos dinásticos do Reino de Nápoles remóntanse á morte da raíña Xoana I de Nápoles sen descendencia directa. A adopción de Lois de Anjou por parte de Xoana I como herdeiro do trono da Provenza e Nápoles non satisfixo as aspiracións do seu curmán Carlos de Durazzo, o futuro Carlos III de Nápoles, e durante cincuenta anos houbo dúas liñas reais en Nápoles.

En alianza con Milán e Venecia, Lois III conseguiu a reconciliación con Xoana II de Nápoles e en 1423 nomeouno herdeiro directo. Pero este feito provocou unha nova disputa, xa que anteriormente (1421) a raíña Xoana adoptara a Afonso IV o Magnánimo como o seu sucesor. Esta disputa co Conde-Rei catalán trasladouse ata a veciña Provenza.[1]

Nupcias editar

En 1432 casou con Margarida de Savoia, filla de Amadeu VIII de Savoia. Non houbo fillos deste matrimonio, xa que Lois III morreu o 12 de novembro de 1434 vítima da malaria. Sen descendencia, o seu irmán Renato de Anjou foi nomeado herdeiro.

Notas editar

  1. Christian Maurel, «Le sac de la ville en 1423 et sa renaissance» en Marseille au Moyen Âge, entre Provence et Méditerranée. Les horizons d'une ville portuaire (en francés). Désiris. 2009. ISBN 978-2-915418-35-4.