Humberto Busto

profesor e sindicalista galego
(Redirección desde «Luís Humberto Busto Abellas»)

Luís Humberto Busto Abella, nado en Cariño o 19 de novembro de 1947, é un profesor e sindicalista galego.

Humberto Busto
Nacemento19 de novembro de 1947
Lugar de nacementoCariño
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncatedrático e sindicalista
Na rede
Dialnet: 3368345
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou no Seminario de Mondoñedo entre 1958 e 1966.[1] Profesor de Filosofía, drixiu un equipo de profesores que editaron os primeiros manuais de filosofía para o Bacharelato, Noema e Noein. Foi sindicalista da CXTG, membro da súa comisión permanente e secretario de relacións internacionais. En 1994 integróuse na CIG e foi elixido membro da Executiva confederal no seu Congreso Constituínte o 19 de marzo,[2] e despois foi membro do comité de administración do sindicato.

Obras editar

  • Noema. Iniciación á filosofía. 3º de B.U.P., 1983.
  • Noein. Historia da filosofía. C.O.U., 1986-1987.
  • Achegas de alén Miño, 2009.

Notas editar

  1. O maxisterio de Uxío e de Dino
  2. "A 20 anos do Congreso Constituínte da CIG, a forza da unidade". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 05 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar