Luís García Caamaño

avogado, empresario e xornalista galego

Luís García Caamaño, nado en Noia e finado no mesmo concello en maio de 1929,[1] foi un avogado, empresario e xornalista galego.

Infotaula de personaLuís García Caamaño
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Mortemaio de 1929 Editar o valor em Wikidata
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , empresario , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Félix García Somoza e Blanca Caamaño Bolívar. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1907.[2] Foi fundador e presidente da asociación Los Sports creada en 1909. Propietario da fábrica de conservas La Noyesa. Foi presidente da Juventud Maurista constituída en 1918 e dirixiu o semanario Renovación. A principios dos anos vinte marchou Nova York desde onde enviou crónicas a La Voz de Galicia e El Progreso. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Noia en febreiro de 1924.[3]

Vida persoal editar

Casou con Blanca Maraury Barredo en 1915.[4]

Notas editar

  1. El Ideal Gallego, 19-5-1929, p. 5.
  2. Gaceta de Galicia, 23-10-1907, p. 2.
  3. La Provincia, 8-2-1924, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 11-8-1915, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar