Luís Díaz Gallego

Luís Díaz Gallego, nado na Pobra do Brollón, foi un médico e político galego.

Luís Díaz Gallego
Lugar de nacementoA Pobra do Brollón
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Director do Balneario do Incio. En 1936 publicou o libro Cartilla sanitaria que foi declarado de utilidade pública[1]. Estaba afiliado a Izquierda Republicana. Médico en Vilar de Barrio, coa sublevación do 18 de xullo de 1936 fuxiu, pero foi detido en Tui en agosto. Pasou polo Depósito de Sarria e despois estivo no Cárcere de Lugo. Saíu en liberdade provisional o 16 de decembro de 1937. O 28 de xuño de 1938 pasou á zona republicana.

Notas editar

  1. La Libertad, 7-5-1936, p. 8.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", ed. A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus. p. 145. ISBN 978-84-612-6855-9. 

Ligazóns externas editar