Luís Cornide Quiroga

avogado, empresario e político galego

Luís Cornide Quiroga, nado en Monforte de Lemos en 1884 e finado en Madrid o 6 de novembro de 1946,[1] foi un empresario e político galego.

Modelo:BiografíaLuís Cornide Quiroga
Nome orixinal(es) Luis Cornide Quiroga Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de novembro de 1946 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
29 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: A Coruña
Deputado nas Cortes republicanas
14 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: A Coruña
Presidente do Deportivo da Coruña
2 de marzo de 1906 – 28 de marzo de 1908 – Laureano Martínez Brañas → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXurista Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, empresario, político, secretario xudicial, xurista Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: cornide-luis-1884-1946 Nomes e Voces: 8710

Traxectoria

editar
 
Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Destacado no sector eléctrico, foi presidente da sociedade Fábricas Coruñesas Gas y Electricidad e conselleiro da Sociedad General Gallega de Electricidad. Tamén foi representante da Región Noroeste na Cámara Oficial de Productores y Distribuidores de Electricidad. En 1903 foi secretario da Liga de Amigos de La Coruña. Foi o primeiro presidente do Deportivo da Coruña de 1906 a 1908 e líder da Asociación Popular Coruñesa. Foi tamén membro correspondente da Real Academia Galega.

Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1931 e 1936 como galeguista independente. En 1936 foi nomeado secretario de goberno do Tribunal Supremo da República,[2] pero cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado do servizo.[3] Foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a 12 anos de prisión.

Vida persoal

editar

Casou con Fe Brage.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-11-1946, p. 3.
  2. [1][Ligazón morta]
  3. "El Tribunal Supremo durante la Guerra Civil" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de novembro de 2011. Consultado o 16 de abril de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar