Luís Bonaparte
Luís Napoleón Bonaparte (en francés: Louis Napoléon Bonaparte) nado o 2 de setembro de 1778 en Ajaccio, Córsega, Francia, o 25 de xullo de 1846 e finado en Livorno, Gran Ducado de Toscana, foi un príncipe francés, irmán do emperador Napoleón Bonaparte.
Luís I de Holanda | ||||
---|---|---|---|---|
Rei de Holanda | ||||
![]() | ||||
Rei de Holanda | ||||
5 de xuño de 1806 – 1 de xullo de 1810 | ||||
Predecesor | - | |||
Sucesor | Luís II | |||
| ||||
Nacemento | 2 de setembro de 1778 Ajaccio, Córsega, ![]() | |||
Falecemento | 25 de xullo de 1846 (67 anos) Livorno, ![]() | |||
Sepultura | Saint-Leu-la-Forêt, Île-de-France | |||
Consorte | Hortensia de Beauharnais | |||
Descendencia | ||||
Casa real | Casa de Bonaparte | |||
Proxenitores | Carlo Buonaparte Maria Letizia Ramolino | |||
![]() | ||||
Na rede | ||||
![]() | ||||


A partir de 1806, e grazas á influencia do seu irmán, converteuse en Rei de Holanda co nome de Luís I de Holanda (en neerlandés: Lodewijk I).
Despois da derrota de Napoleón usou o título de Conde de Saint-Leu.
Primeiros anos de vidaEditar
Luís naceu como Luigi Buonaparte en Ajaccio, Córsega, o 2 de setembro de 1778, froito do matrimonio entre Carlo Buonaparte e María Letizia Ramolino.[1] Foi o irmán máis novo de Xosé Bonaparte, Napoleón I de Francia, Luciano Bonaparte e Elisa Bonaparte, e o irmán máis vello de Paulina Bonaparte, Carolina Bonaparte e Xerónimo Bonaparte.
Ao principio da súa carreira pasou polo exército e serviu a Napoleón en Exipto. Grazas a Napoleón, foi xeneral de brigada á idade de 25 anos, A plena satisfacción do emperador Luís loitou con notábel enerxía e coraxe na primeira liña de varias batallas.[2] Porén, loitaba polo sentido do deber, pero carecía de entusiasmo e sentía unha profunda repugnancia ante a violencia dos campos de batalla, os saqueos e a devastación.[3]
Rei de HolandaEditar
- Véxase tamén: Reino de Holanda.
Napoleón nomeouno rei de Holanda o 5 de xuño de 1806, cando transformou a República Bátava, unha República irmá da Primeira República Francesa, en monarquía. Aínda que o seu irmán máis vello quixo facer del pouco máis que un simple gobernador francés, Luís tomouse as súas obrigas como rei moi seriamente, chamándose a si mesmo Reo Lodewijk I (adoptando a forma holandesa para o seu nome), intentando aprender o idioma holandés e esforzándose duramente para ser un gobernante de Holanda responsábel e independente. Supostamente, cando chegou por primeira vez a Holanda, díxolle ao pobo que era o Konijn van 'Olland ("coello de 'Olland"), en vez de Koning van Holland ("Rei de Holanda"), porque o seu holandés non era perfecto. Porén, isto mostrou que estaba intentando falar o idioma e gañou o respecto dos seus súbditos.
Dúas grandes traxedias ocorreron durante o seu reinado: a explosión dun barco cheo de pólvora no corazón da cidade de Leiden en 1807, e unha importante inundación en 1809. En ambos os casos, Luís, de forma persoal e eficazmente, supervisou os esforzos locais de auxilio, o que lle axudou a gañar o nome de Luís o Bo.
O seu reinado nos Países Baixos foi de curta duración, o cal se debeu a dous factores. O primeiro foi que Napoleón buscaba reducir o valor dos empréstitos a franceses de investidores holandeses en dous terzos, o que significou un golpe económico serio. O segundo foi un feito que se converteu en pretexto para a exixencia da súa abdicación. Como Napoleón estaba preparando un exército para a campaña de Rusia, buscaba tropas de todos os territorios baixo o seu control, e dos países limítrofes aliados. Isto incluía as tropas dos Países Baixos. Luís, facendo fronte á petición de seu irmán, negouse categoricamente. Napoleón entón acusou a Luís de poñer os intereses holandeses sobre os de Francia e forzouno a abdicar o 30 de xuño de 1810.
En xullo, logo da abdicación de Luís Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu fillo Napoleón Luís Bonaparte, Napoleón incorporou os Países Baixos ao Imperio Francés estruturados en 8 departamentos. Nomeou gobernador xeral a Charles-François Lebrun, un antigo cónsul, que tería que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.
Durante o reinado de Napoleón I, Luís Bonaparte foi nomeado Conde de Saint-Leu. En 1808 fue nomeado tamén Condestábel de Francia, un título estritamente honorífico.[4]
Anos finaisEditar
Despois da morte do seu irmán máis vello Xosé, en 1844, Luís foi visto polos bonapartistas como o lexítimo Emperador dos franceses, a pesar de que el tomou poucas medidas para avanzar na pretensión. (O seu fillo e herdeiro, o futuro Napoleón III, por outro lado, foi neses tempos encarcerado en Francia por intentar maquinar un golpe de Estado bonapartista).
Luís morreu o 25 de xullo de 1846 en Livorno, Gran Ducado de Toscana,[1] e foi enterrado en Saint-Leu-la-Forêt, Île-de-France.
Matrimonio e fillosEditar
Luís casou o 4 de xaneiro de 1802 con Hortensia de Beauharnais, filla do defunto xeneral Alexandre, vizconde de Beauharnais e da súa esposa Xosefina Tascher de la Pagerie.[5] Xosefina foi a primeira esposa do seu irmán Napoleón.[6] Por iso Hortensia era tamén a sobriña política de Luís.
O matrimonio foi forzado e completamente sen amor. Por regra xeral, os Bonaparte, coa excepción de Napoleón, aborrecían aos Beauharnais. Luís incluso dubidou da lexitimidade dos seus fillos con Hortensia.
Luís Napoleón Bonaparte e Hortensia de Beauharnais tiveron tres fillos:[1]
- Napoleón Carlos Bonaparte, nacido o 10 de outubro de 1802, Príncipe Real de Holanda. Cando morreu o 5 de maio de 1807 aos catro anos e medio de idade o seu corpo foi levado á catedral de Notre Dame de París. Está enterrado en Saint-Leu-la-Forêt, Île-de-France.
- Napoleón Luis Bonaparte, nacido o 11 de outubro de 1804. Foi nomeado Príncipe Real de Holanda á morte do seu irmán, e foi o Rei Lodewijk II durante unha semana, entre a abdicación de seu pai e a invasión de Holanda polas tropas napoleónicas. Morreu o 17 de marzo de 1831, e foi enterrado en Saint-Leu-la-Forêt, Île-de-France.
- Carlos Luis Napoleón Bonaparte (1808 – 1873). Nacido en París, foi o terceiro e último fillo, e terminou sendo o Emperador Napoleón III de Francia (1852 – 1870).
Luís foi tamén pai dun fillo ilexítimo, François de Castelvecchio (26 de abril de 1826 - 29 de maio de 1869). Naceu en Roma e morreu en Rennes.[1]
Distincións honoríficasEditar
- Soberano Gran Mestre (e fundador) da Orde da Unión (Reino de Holanda, 24/08/1806).
- Cabaleoro Grande Aguia da Orde da Lexión de Honor (Primeiro Imperio Francés).
- Soberano Gran Mestre da Real Orde das Dúas Sicilias (Reino de Nápoles).
- Cabaleoro Gran Dignatario da Orde da Coroa de Ferro (Primeiro Imperio Francés).
- Cabaleiro da Insigne Orde do Vélaro de Ouro (Rama Española).[1]
AntepasadosEditar
Predecesor: Ningún (Creación do Reino) |
Rei de Holanda 1806-1810 |
Sucesor: Luís II |
Predecesor: Xosé I |
Emperador titular dos franceses 1844-1846 |
Sucesor: Napoleón III |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Louis I Bonaparte, roi d' Holande en Geneall (en francés).
- ↑ Jourdan, Annie (2010), p. 144.
- ↑ Jourdan, Annie (2010), p. 146.
- ↑ Testu Almanach Impérial pour l'année MDCCCX en napoleon-series.org (en francés), (en inglés).
- ↑ Hortense de Beauharnais en Geneall (en francés).
- ↑ Joséphine Tascher la Pagerie (Joséphine de Beauharnais) en Geneall (en francés).
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luís Bonaparte |
BibliografíaEditar
- Bergeon, Louis; François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0.
- Jourdan, Annie, dir. (2010): Louis Bonaparte, Roi de Hollande. París: Nouveau Monde éditions/Fondation Napoléon. ISBN 978-2-84736-492-7.
- Schama, S. (1977): Patriots and Liberators. Revolution in the Netherlands 1780-1813. Nova York: Vintage books. ISBN 0-679-72949-6.
- Van Wie, Paul D. (1999): Image, History, and Politics: The Coinage of Modern Europe. University Press of America, Inc. ISBN 0-7618-1221-0.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Xuízos de Napoleón ver tamén Luís Bonaparte (en castelán).
- Crítica de Cyril Triolaire da biografía de Arianne Jourdan en Révolution française PDF.