Bicotorto común

(Redirixido desde "Loxia curvirostra")
Bicotorto común
Red Crossbills (Male).jpg
Machos

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Loxia
Especie: L. curvirostra
Nome binomial
Loxia curvirostra
Linnaeus, 1758

O bicotorto común[1] ou cruzabico (Loxia curvirostra) é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos. Reprodúcese nos bosques de Picea de América do Norte, Europa, e Asia. Algunhas poboacións reprodúcense nos bosques de piñeiros en certas áreas dos tres continentes, e en América do Norte algunhas poboacións reprodúcense nos bosques de abetos. Aniña nas coníferas, onde pon de 3 a 5 ovos.

Loxia curvirostra

O bicotorto é unha ave basicamente residente, mais se a comida é insuficiente, realiza migracións ao sur. Esta especie viaxa en grandes bandadas fóra do período de apareamento, e a miúdo mestúrase con outros bicotortos.

Os bicotortos caracterízanse polas mandíbulas que están torcidas na punta, polo que reciben o seu nome común. Aliméntanse case exclusivamente das piñas de coníferas, especialmente as das piceas. A forma estraña do seu peteiro é unha adaptación que lles permite extraer as sementes da piña.

Os machos adultos adoitan ser de cor vermella ou alaranxada, mentres as femias adoitan ser de cor verde ou amarela, habendo moitas variantes.

Esta especie pode chegar a ser confundida cos Loxia pytyopsittacus e os Loxia scotica, que tamén se reproducen na zona euroasiática. A súa identificación é menos problemática en América do Norte, onde só se atopa o bicotorto común e o bicotorto aliblanca.

Estudos do seu canto, en América do Norte, suxiren que neste continente hai oito ou nove poboacións con cantos diferentes, as cales case nunca se reproducen entre si. O tamaño e a estrutura do peteiro tamén varían, e poboacións diferentes adoitan especializarse para comer as sementes de coníferas diferentes. Polo momento, son poucos ornitólogos os que propoñen separalas en distintas especies.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar