Louise Fréchette

diplomática canadense

Louise Fréchette, nada en Montreal o 16 de xullo de 1946, é unha diplomática canadense que ocupou a Vicesecretaría Xeral das Nacións Unidas durante oito anos, e unha diplomática e funcionaria pública por longo tempo. Exerceu un período de tres anos no Centre for International Governance Innovation, un centro de investigación sobre relacións e políticas internacionais localizado en Waterloo, Ontario, nun proxecto de investigación sobre a enerxía nuclear e a seguridade mundial.

Infotaula de personaLouise Fréchette

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor em Wikidata
Deputy Secretary-General of the United Nations (en) Traducir
2 de marzo de 1998 – 31 de marzo de 2006 – Mark Malloch Brown, Baron Malloch-Brown (pt) Traducir →
Ambassador of Canada to Argentina (en) Traducir
Permanent Representative of Canada to the United Nations (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Montreal (pt) Traducir
Colégio da Europa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática , política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Graduouse na Universidade de Montreal cun grao en historia en 1970 e no College of Europe (Bruxas, Bélxica) cun Certificate of Advanced European Studies de posgrao (equivalente a un mestrado) en 1978. Comezou a súa carreira diplomática en 1971 cando se une ao Ministerio de Asuntos Exteriores do Canadá. Foi asignada á embaixada canadense en Atenas antes de unirse á delegación canadense fronte ás Nacións Unidas en Xenebra en 1978.

En 1985, á idade de 39, foi nomeada embaixadora do Canadá na Arxentina. En 1989, foi enviada nunha misión secreta a Cuba para meter presión a Fidel Castro para que apoiase a Guerra do Golfo. A pesar de fracasar, impresionou a Otava cos seus esforzos e foi nomeada embaixadora do Canadá nas Nacións Unidas en 1992.

En 1995, abandonou o servizo exterior para converterse en viceministra adxunto de finanzas en Ottawa. Máis tarde foi promovida a viceministra da defensa nacional, a primeira muller en alcanzar ese posto.

En 1997, Louise Fréchette foi nomeada vicesecretaria Xeral de Nacións Unidas, cargo recentemente creado polo Secretario Xeral das Nacións Unidas Kofi Annan tralas reformas da organización, sendo a primeira persoa en asumir o cargo.

En 2005, despois de ser criticada polo expresidente da Reserva Federal dos Estados Unidos Paul Volcker pola fallada administración do Programa de Petróleo-por-Alimentos para Iraq, Fréchette anunciou a súa renuncia.

Louise Fréchette é membro da Global Leadership Foundation[1] e é membro do Consello Asesor Internacional do Instituto para o Estudo do Desenvolvemento Internacional (ISID) da Universidade McGill. Foi membro da Comisión de Persoas Eminentes do Organismo Internacional de Enerxía Atómica (OIEA) sobre os desafíos da enerxía nuclear, que emitiu o seu informe en abril de 2008.[2]

Tamén é membro da Xunta Asesora da Montreal Centre for International Studies.[3]

En 1998, foi nomeada Oficial da Orde do Canadá.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar