Abrir o menú principal

Lost in Translation

Lost in Translation é un filme dirixido por Sofia Coppola que foi estreado no 2003. É o seu segundo filme dirixido despois de The Virgin Suicides (1999) e está protagonizado por Bill Murray e Scarlett Johansson.

Lost in Translation
Ficha técnica
Título orixinalLost in Translation
DirectorSofia Coppola
ProdutorRoss Katz
Sofia Coppola
Francis Ford Coppola
GuiónSofia Coppola
IntérpretesBill Murray
Scarlett Johansson
Giovanni Ribisi
Anna Faris
MúsicaBrian Reitzell
Kevin Shields
Roger Joseph Manning Jr.
Air
FotografíaLance Acord
MontaxeSarah Flack
EstudioAmerican Zoetrope
Tohokushinsha Film
DistribuidoraFocus Features
Estrea2003
Duración102 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Flag of Japan.svg Xapón
XéneroDrama, Comedia
Orzamento$4 000 000[1]
Recadación$119 700 000

ArgumentoEditar

Bob Harris, un actor norteamericano en decadencia, acepta unha oferta para facer un anuncio de whisky xaponés en Tokio. Está atravesando unha aguda crise e pasa gran parte do tempo libre no bar do hotel. Precisamente alí, coñece a Charlotte, unha rapaza casada cun fotógrafo que foi a Tokio a facer unha reportaxe; pero mentres el traballa, a súa muller abúrrese mortalmente. Ademais do abraiados que quedan coas imaxes e os sons da inmensa cidade, Bob e Charlotte comparten tamén o baleiro das súas vidas. Pouco a pouco fanse amigos e, a medida que exploran a cidade xuntos, comezan a preguntarse se a súa amizade podería transformarse en algo máis.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 2003: Oscar: Mellor guión orixinal. 4 nomeamentos.
  • 2003: Globos de Ouro: Mellor filme comedia ou musical, actor, guión. 5 nomeamentos.
  • 2003: 3 premios BAFTA: Mellor montaxe, actor, actriz. 8 nomeamentos.
  • 2003: Premio Cesar: Mellor filme estranxeiro.
  • 2003: Nomeado ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro.
  • 2003: Premio Especial National Board of Review: Sofia Coppola.
  • 2003: Círculo de críticos de Nova York: Mellor actor (Bill Murray), director (Sofia Coppola).
  • 2003: Asociación de Críticos d'Os Ánxeles: Mellor actor (Bill Murray).

NotasEditar

Véxase taménEditar