Los niños invisibles

filme de 2001 dirixido por Lisandro Duque Naranjo

Los niños invisibles é un filme dramático colombiano de 2001 dirixido e escrito por Lisandro Duque Naranjo[1] e protagonizado por Guillermo Castañeda, Ingrid Cielo Ospina, Gustavo Camacho, Gustavo Angarita e Marcela Valencia. O filme gañou o premio especial do xurado no sexto festival internacional de cinema para a infancia en Montreal, Canadá no 2002 e o premio ó mellor guión no quinto festival internacional de cinema para a infancia e a mocidade en Olimpia, Grecia, tamén en 2002.[2][3] Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]

Los niños invisibles
Ficha técnica
Título orixinalLos niños invisibles
DirectorLisandro Duque Naranjo
GuiónLisandro Duque Naranjo
IntérpretesGuillermo Castañeda
Ingrid Cielo Ospina
Gustavo Camacho
MúsicaLuis Miguel González
Estrea26 de outubro de 2001
Duración90 minutos
Orixe Colombia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0264944 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Tres nenos están obsesionados coa idea de volverse invisibles, até o punto que realizan un estraño ritual no que deben sacrificar varios animais e dirixirse a media noite a un cemiterio para que as forzas da escuridade os fagan invisibles para o ollo humano.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Los niños invisibles". 31 de outubro de 2001. Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  2. "Los niños invisibles" Proimágenes Colombia. Consultado o 15 de abril de 2018.
  3. "Los niños invisibles" Ficha do filme en Filmaffinity. Consultado o 15 de abril de 2018.
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (2 de decembro de 2002). "Record-Breaking 54 Countries in Competition for Oscar". Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2004. Consultado o 11 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar