Los desayunos de TVE

programa de televisión emitido pola cadea española La Primera de Televisión Española

Los desayunos de TVE foi un programa de televisión que se emitiu por La 1 de Televisión Española entre o 8 de xaneiro de 1994 e o 17 de xullo de 2020 de luns a venres en horario matinal.

Los desayunos de TVE
Formato Informativo
Presentado por María Casado
Cadea Televisión Española
Día da estrea 8 de xaneiro de 1994

Na rede
http://www.rtve.es/alacarta/videos/los-desayunos-de-tve/
IMDB: tt0419321 Editar o valor em Wikidata

Formato editar

O espazo consistía nunha entrevista realizada polo presentador do programa, acompañado de xornalistas de prestixio, a un personaxe de relevancia especialmente política, pero tamén social, cultural, económica, artística, deportiva ou dos medios. Posteriormente desenvólvese un faladoiro de contido político entre os xornalistas presentes no estudio.

Historia editar

Nunha primeira etapa, emitiuse baixo o título de Los desayunos de Radio 1, xa que se difundía simultaneamente por TVE e por Radio Nacional de España, como parte integrante do espazo Las Mañanas de radio 1, que conducía Julio César Iglesias. Só a partir de 1997 adoptou o seu título definitivo. Iglesias era o encargado de conducir as entrevistas, acompañado sempre polos xornalistas Diego Carcedo, director naquel momento de RNE, e Antonio San José.

En 1996, tanto Carcedo como San José abandonaron RNE e xa que logo o programa. O trío de entrevistadores pasa entón a estar formado por Iglesias, Alejo García e Javier González Ferrari, novo director de RNE, que pasaría a ser o principal responsable do programa. Tan só un ano despois, Carlos Dávila e Isabel San Sebastián, alternativamente, ocupaban o posto de Alejo García.

Tras o nomeamento de González Ferrari como xefe dos Servizos Informativos de TVE, foi o xornalista galego Luis Mariñas quen, desde xaneiro de 1999, fíxose cargo da presentación do programa, no que permaneceu durante seis tempadas ata 2004. Durante esa etapa o programa contou entre os seus colaboradores con Juancho Armas Marcelo, Consuelo Sánchez Vicente, Isabel Durán, Charo Zarzalejos e Fernando Jáuregui.

Desde ese ano, a presentación de Los desayunos de TVE correu a cargo de Pepa Bueno, coa subdirección de José Ribagorda ata 2006. Bueno estivo acompañada ante as cámaras por xornalistas como Joaquín Estefanía, Enric Sopena, Juan José Millás, Charo Zarzalejos, Esther Jaén, Lucía Méndez, Óscar Campillo, Anabel Díez e Victoria Prego.

Entre setembro de 2009 e xullo de 2012 a presentación do programa foi asumida pola xornalista Ana Pastor. En agosto deste ano a presentadora de Los desayunos foi cesada do seu cargo polo director de informativos de TVE Julio Somoano. Ela declarou que "foi cesada por facer xornalismo".[1] O 21 de agosto anunciouse a súa substitución por María Casado.

Personaxes invitados editar

 
Ana Pastor entrevistando ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, no palacio da Moncloa, en xaneiro de 2011.

Entre os entrevistados figuran os cinco presidentes do goberno que tivo España desde que o espazo comezou as súas edicións —Felipe González, José María Aznar, José Luis Rodríguez Zapatero, Mariano Rajoy e Pedro Sánchez—, así como os respectivos líderes da oposición.

Tamén acudiron case todos os ministros que houbo en España nos últimos quince anos e outras figuras da vida política e social, española e estranxeira.

Directores editar

Presentadores editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar