Los Nikis
Los Nikis foi un grupo de música españo fundado nos oitenta. Apareceu para dar á movida unha volta de porca ao estilo dos Ramones.[1] Cunha letras divertidas e unha discutible calidade musical, pasearon o seu estilo guitarreiro durante toda a década. Cancións como El imperio contraataca, La naranja ya non é mecánica e Por el interes te quiero Andrés garantíronlles un recuncho na historia da música en España. Deixaron o grupo a principios dos anos 90, para dedicarse cada un ás súas respectivas carreiras profesionais, volvendo publicar un disco en edición limitada a finais da década titulado Más de lo mismo.
Los Nikis | |
---|---|
Orixe | Algete, Comunidade de Madrid, España |
Período | 1981 - 1998 |
Xénero(s) | Pop, Punk[1] |
Selo(s) discográfico(s) | DRO |
Membros | Emilio Sancho Arturo Pérez Joaquín Rodríguez Rafa Cabello |
Na rede | |
www.losnikis.com | |
O único membro dos Nikis que retomou a carreira musical foi Joaquín Rodríguez, fundando o grupo Los Acusicas xunto a Mauro Canut (Los Vegetales), contando para o seu primeiro disco "Ha sido este" coas colaboracións de Emilio Niki e Nacho Canut (Fangoria).
Trala súa disolución, unha gran cantidade de grupos en España decláranse herdeiros do seu estilo pop punk desenfadado, como Airbag, FANTA, Depressing Claim, No Picky, Shock Treatment, D.D.T. e moitos máis. O club de fans dos Nikis adoita organizar un concerto tributo anual no que os grupos realizan versións dos Nikis.
En 2019, publicaron un EP chamado "Menos de lo mismo".[2]
Historia do grupo
editarO grupo xurdiu en Algete no ano 1980, cunha formación orixinal que tiña a Rafa Cabello na batería, Joaquín Rodríguez no baixo eléctrico, Arturo Pérez na guitarra e Emilio Sancho na voz.[1] Ese mesmo ano, participaron no I Concurso Rock Diputación de Madrid,[3] dende a que comezan a darse a coñecer, comezando a percorrer o país.
Membros
editarOs Nikis foron, ao longo da súa carreira:
- Batería: Rafa Cabelo, "Juanito" (Johnny Canut), Daniel Parra e Santi da Quintana.
- Baixo: Joaquín Rodríguez.
- Guitarras: Arturo Pérez.
- Voz: Emilio Sancho.[1]
Discografía
editarÁlbums
editar- 1986: Marines a pleno sol (DRO - Tres Cipreses, 3C 137).
- 1987: Submarines a pleno sol (DRO - Tres Cipreses, 3C 180).
- 1989: La hormigonera asesina (DRO - Tres Cipreses, 3C 234).
- 1998: Más de lo mismo (Autoeditado).
EP
editar- 1981: La amenaza amarilla (Tic Tac TTS-3RC, 11/81; reed. Discos Lollipop 002). Inclúe as cancións: «La amenaza amarilla», «Medicina nuclear», «Ernesto» e «Negocios sucios».
- 1982: Sangre en el Museo de Cera (Tic Tac TTS-4LN, reeditado por Lollipop 003 ese mesmo ano). Inclúe: «Venganza», «Pasión por los decibelios», «Sangre en el Museo de Cera» e «Gamma globulina»
- 1985: Olaf el Vikingo (Tres Cipreses-DRO, 3C-125). Inclúe: «Mi chica se ha ido a Katmandú», «Silvia Sobrini», «Olaf el Vikingo» e «Saturno es aburrido».
- 2019: Menos de lo mismo Vol. I (Sonido Muchacho, SM054). Inclúe: «Me confunden con un hipster», «Donde dije digo, digo Diego», «La madre de Jimena» e «Vivo sin vivir en mí».
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 LaFonoteca.net (ed.). "Los Nikis.Los Ramones de Algete, una banda mucho más allá del chiste" (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2020.
- ↑ disco-por-lo-mismo-que-lo-hemos-hecho-siempre-para-guardar-una-copia-a-nuestros-nietos/ Presentacion de menos es lo mismo
- ↑ "Los Nikis: La Historia". LosNikis.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial Arquivado 07 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
- Los Nikis biografía e críticas de discos en Lafonoteca (en castelán)