Los Fresones Rebeldes


Los Fresones Rebeldes é unha banda barcelonesa de son retro dos anos 50 e 60, como o ye-yé e rock and roll pero cun son actual. Formouse a mediados dos anos 1990 en plena explosión indie.

TraxectoriaEditar

O grupo formouse ao se xuntar Miguel López Branco (teclados e casiotone), que xa tocara en Síndrome Tóxico, co batería Joaquín Felipe Spada, antigo membro de Los Canguros e Los Bretones. Montaron Pepito Sex, e a eles uníuselles Cristina, fundando Surfin´Eyes. Porén, Miguel deixounos para continuar en solitario.

Felipe e Cristina seguiron ensaiando pola súa conta, e Miguel regresou canda eles, fundando Los Fresones Rebeldes xunto a outras tres rapazas: Eugenia, Inés e a súa irmá Cecilia. Felipe, funcionario da Deputación de Barcelona no Consorcio de Parques Forestais, ex xornalista de información política para o Diario de Barcelona e Miguel, profesor de xeoloxía, deciden intentalo por enésima vez con este divertido proxecto aínda que segundo confesan "Los Fresones foron a última oportunidade que nos dabamos e, mira, funcionou". Nun primeiro momento a formación non era moi estable: Inés ía e viña, e a súa irmá Cecilia substituíaa, despois íase Cecilia e volvía Inés. E nestas condicións xurdiu a oportunidade de gravar un disco.