Loquendo (nome que significa Locución, e pronunciado [Locuendo]) é unha empresa multinacional de tecnoloxía de software, coa súa sede en Turín, Italia. A empresa ofrece recoñecemento, síntese e verificación da voz e aplicacións de comprobación e identificación. Loquendo foi fundada en 2001 pola empresa Telecom Italia, tamén ten oficinas no Reino Unido, España, Alemaña, Francia e os Estados Unidos.

Os produtos de Loquendo pódense atopar nos GPS, sexan xa incorporados no coche ou portátiles, nos dispositivos para os discapacitados, teléfonos intelixentes, libros electrónicos, caixeiros automáticos con voz, vídeoxogos de ordenador, electrodomésticos controlados por voz e outros produtos.

Os seus produtos recibiron varios premios, incluíndo "Speech Engine Leader" entregado por "Speech Technologies" nos anos 2007, 2008 e 2009.[1] Tamén foi considerado por "Speech Technologies" o líder do mercado no 2009 e 2010.[2] O 30 de setembro de 2011, Nuance (un dos principais competidores de Loquendo) anunciou que adquiriu Loquendo[3].

Notas editar

  1. SpeechTechMag.com: Market Leaders: Speech Engine Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. - Consultado o 2 de xaneiro de 2014 (en inglés).
  2. SpeecTechMag.com: Speech Technology Industry Buyer's Guide Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. - Consultado o 2 de xaneiro de 2014 (en inglés).
  3. Nuance Closes Acquisition of Loquendo, press release, Nuance Arquivado 05 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. - Consultado o 2 de xaneiro de 2014 (en inglés).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • (it) Luigi Bonavoglia, "CSELT trent'anni", Ed. CSELT, 1994 [1]
  • (it) Roberto Billi (a cura di), con i seguenti Autori dello CSELT: Agostino Appendino, Giancario Babini, Paolo Baggia, Roberto Billi, Alfredo Biocca, Pier Giorgio Bosco, Franco Canavesio, Giuseppe Castagneri, Alberto Ciaramella, Morena Danieli, Fulvio Faraci, Luciano Fissore, Roberto Gemello, Elisabetta Gerbino, Egidio Giachin, Giorgio Micca, Roberto Montagna, Luciano Nebbia, Silvia Quazza, Daniele Roffinella, Luciano Rosboch, Claudio Rullent, Pier Luigi Salza, Stefano Sandri, "Tecnologie vocali per l'interazione uomo-macchina. Nuovi servizi a portata di voce", Ed. Telecom Lab 1995, ISBN 88-85404-09-X, ISBN 978-88-85404-09-0
  • (it) Quarant'anni d'innovazione, ed. Millennium s.r.l, (supplemento ó num 224 di Media Duemila, 2005)
  • (it) torinowireless.it
  • (it) smau.it Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
  • (it) corriere.it
  • (it) isticom.itArquivado 24 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
  • (it) deputatids.it
  • (it) h-care.eu
  • (it) Forum P.A. 17-20 maggio 2010 - Cartella Stampa AVAYA

Outros artigos editar