Lofiformes
Lofiiformes / Lofiformes (Lophiiformes) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Peixe sapo Lophius piscatorius | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subordes | |||||||||||||||||
Os lofiiformes ou lofiformes (Lophiiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii).
Son peixes mariños, normalmente de augas pouco profundas, areosas e limosas. Inclúe especies tan coñecidas e apreciadas como o peixe sapo ou rabada.
CaracterísticasEditar
Adoitan teren cabezas enormes, anchas, chatas e deprimidas dorsoventralmente, co resto do corpo reducido como se fose un apéndice da cabeza. A boca tamén é desproporcionadamente grande, con longos e puntiagudos dentes dirixidos cara a atrás. As mandíbulas e o estómago son distendibles, o que lles permite tragar peixes máis grandes ca eles. Poden alcanzar tamaños de ata 2 m e pesos máximos de 30 kg.
A pel é núa. As aletas carecen de espiñas e as pectorais están sostidas pou un curto brazo. Esta característica explica o nome de pediculados (Pediculati) co que tamén se coñece esta orde. Con estas "patas", as especies bentónicas son quen de "camiñar" polo chan do océano.
Resulta característica a modificación que sofre a primeira aleta dorsal: o primeiro ou primeiros raios espiñosos transfórmanse nun apéndice filiforme, rematado por un ensanchamento carnoso, que lles serve para atraer as presas e podelas enviar para a boca, nun rápido movemento, cando están próximas.[1]
Xeralmente son peixes abisais que viven en augas tan profundas que non existe luz, polo que algunhas especies hainos que desenvolven órganos bioluminiscentes.
ClasificaciónEditar
Divídense en tres subordes, con 16 familias:[2][3]
- Suborde Antennarioidei
- Familia Antennariidae
- Familia Brachionichthyidae
- Suborde Lophioidei
- Familia Lophiidae
- Suborde Ogcocephalioidei
- Superfamilia Ceratioidea
- Familia Caulophrynidae
- Familia Centrophrynidae
- Familia Ceratiidae
- Familia Diceratiidae
- Familia Gigantactinidae
- Familia Himantolophidae
- Familia Linophrynidae
- Familia Melanocetidae
- Familia Neoceratiidae
- Familia Oneirodidae
- Familia Thaumatichthyidae
- Superfamilia Chaunacioidea
- Familia Chaunacidae
- Superfamilia Ogcocephalioidea
- Familia Ogcocephalidae
- Superfamilia Ceratioidea
NotasEditar
- ↑ Cousseau, María Berta et al. (2010): Ictiología. Aspectos fundamentales. La vida de los peces sudamericanos. Eudem (Editorial de la Universidad Nacional de Mar del Plata). ISBN 9879871371419.
- ↑ Froese, Ranier e Daniel Pauly, eds. Lophiiformes FishBase. Versión de setembro de 2009. (en inglés) Consultada o 13/11/2012.
- ↑ "Lophiiformes". www.itis.gov. Consultado o 2020-04-01.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lofiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lofiformes |
BibliografíaEditar
- Miya, M.; T. Pietsch; J. Orr; R. Arnold; T. Satoh; A. Shedlock; H. Ho; M. Shimazaki e M. Yabe (2010): "Evolutionary history of anglerfishes (Teleostei: Lophiiformes): a mitogenomic perspective". BMC Evolutionary Biology 10: 58. Amplo resumo (en inglés) Consultado o 13/11/2012.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Lophiiforme pescando. Vídeo Consultado o 13/11/2012.