Lonomia obliqua

especie de insecto

Lonomia obliqua

Eiruga de Lonomia obliqua, no Brasil.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
División: Ditrysia
Familia: Saturniidae
Xénero: Lonomia
Especie: L. obliqua
Nome binomial
Lonomia obliqua
Walker, 1855

Lonomia obliqua é unha especie de avelaíña de América do Sur. É máis coñecida pola súa forma larval, principalmente debido ao mecanismo de defensa da eiruga, xa que conta con pugas urticantes que inxectan un veleno potencialmente mortal. A eiruga foi responsable de moitas mortes humanas, especialmente no sur do Brasil. O seu veleno foi obxecto de numerosos estudos médicos.[1] A especie foi descrita por vez primeira por Francis Walker en 1855. O Guinness World Records clasificouna como a máis velenosa especie de eiruga do mundo.[2]

Notas editar

  1. M.P. Alvarez Floresa; M. Zanninb; A.M. Chudzinski-Tavassi (2009–2010). "New Insight into the Mechanism of Lonomia obliqua Envenoming: Toxin Involvement and Molecular Approach". Pathophysiology of Haemostasis and Thrombosis 37 (1): 1–16. ISSN 1424-8840. PMID 20714126. doi:10.1159/000320067. Consultado o 15 de decembro de 2010. 
  2. Records, Guinness World (2015-09-10). Guinness World Records 2016 (en árabe). Hoffmann und Campe. ISBN 978-1-910561-03-4.