London River
London River é un filme británico dirixido por Rachid Bouchareb que se estreou no 2009. Está protagonizado por Brenda Blethyn e Sotigui Kouyaté, e céntrase na vida de dúas persoas que buscan ós seus fillos despois dos atentados do 7 de xullo de 2005 en Londres.
London River | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | London River |
Director | Rachid Bouchareb |
Produtor | Rachid Bouchareb Jean Bréhat Bertrand Faivre Matthieu de Braconier |
Guión | Olivier Lorelle Rachid Bouchareb |
Intérpretes | Brenda Blethyn Sotigui Kouyaté |
Música | Armand Amar |
Fotografía | Jérôme Alméras |
Montaxe | Yannick Kergoat |
Estrea | 2009 |
Duración | 87 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Sinopse
editarEn xullo de 2005, a viúva de guerra protestante Elisabeth Sommers (Blethyn), que é granxeira en Guernsey, e o musulmán francófono Ousmane (Kouyaté) son dous estraños que se coñecen en Londres. Ela está buscando á súa filla e el ó seu fillo, xa que ningún dos dous tivo novas deles dende os atentados de Londres. Descobren que eran noivos e vivían xuntos nun piso e mesmo tiñan contratada unha viaxe a Francia. Aliviados ó pensar que ambos estaban a salvo, as súas esperanzas non tardan en esvaecerse ó seren notificados pola policía de que o seu ADN foi atopado entre os restos do autobús de Tavistock Square.
Personaxes
editar- Brenda Blethyn como Elisabeth Sommers
- Sotigui Kouyaté como Ousmane
- Gurdepak Chaggar como Axente de viaxes
- Roschdy Zem como Carniceiro
- Philip Quast como Ronnie Stubbs
- Diveen Henry como Inspectora de policía
- Salah Mohamed-Mariche como Caseiro do apartamento
Galardóns e nomeamentos
editar- 2009: Festival de Berlín: Nomeado ó Oso de Ouro por mellor actor (Sotigui Kouyaté).
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- London River na IMDb (en inglés).