Lola de Valencia

pintura de Édouard Manet
(Redirección desde «Lola de Valence»)

Lola de Valencia (en francés: Lola de Valence) é unha pintura realizada polo pintor Édouard Manet en 1862. A tea representa unha bailarina vestida con roupas tradicionais españolas. A tea foi pintada na mesma época que o Chanteur espagnol. Estas dúas pinturas son características do período hispano do pintor, no tempo no que estivo fortemente inspirado nas pinturas de artistas españois como Diego Vélazquez.

Lola de Valencia
ArtistaÉdouard Manet
Data1862
Técnicaóleo sobre lenzo
Dimensións123 cm × 92 cm
LocalizaciónMuseo de Orsay

Lola de Valencia ten a particularidade de ser a primeira obra de Manet en suscitares unha desaprobación debido ao seu erotismo suxerente, ao igual que obras como Déjeuner sur l'herbe e Olympia.

Baudelaire, entusiasmado pola pintura, escribiu:

Entre tantas belezas que poden verse por todas partes,
Eu o entendo ben, amigos, desexo o equilibrio;
Mais vemos brillar de Lola de Valencia
O inesperado encanto dunha xoia de cor rosa e negro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar