Loita (Sarria)
periódico de Sarria (1933-1934)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Loita (homónimos).
Loita foi un periódico quincenal editado en Sarria entre 1933 e 1934.
Loita | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Sarria |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Órgano del Cento Republicano de Sarria, apareceu o 6 de febreiro de 1933. Publicábase os días 6 e 20 de cada mes (coincidindo cos días de feira en Sarria). Fundado por Vicente Páramo, José Sánchez Arias e Antonio Páramo Sánchez, estaba dirixido por Antonio Páramo Sánchez. Entre os seus colaboradores figuraron Eladio López Muñiz, Felipe Pedreira, Manuel Durán, Vicente Páramo e Pedro Guitián. No seu primeiro número expresaba:
Loita, órgano de expresión del ideal bien defendido del Centro Republicano (único existente en Sarria), se consagra a la propaganda política del centro y de las agrupaciones republicanas constituidas en el Partido judicial y comunes en sentimiento e ideario al programa del Centro Republicano.
E engadía:
Loita será la exaltación del fervor autonómico de las fuerzas republicanas unidas al Centro, dispersas por los pueblos del distrito, pero unidas en vínculo espiritual y dispuestas a luchar bravamente por la autonomía.
A maior parte das súas novas referíanse a Sarria e a súa comarca, fundamentalmente de carácter político. Dedicaba especial atención aos labregos e seguiu unha estrita neutralidade en materia relixiosa.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abejón Mendoza, Paloma (2011). "La prensa lucense ante el Estatuto de Autonomía de 1936". Correspondencias & Análisis (en castelán) (1): 327–346. ISSN 2224-235X. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o 18 de outubro de 2021.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-110-6.