Loimaan Palloilijat

Os Loimaan Palloilijat, ou simplemente LP, son un equipo de pesäpallo da cidade de Loimaa, Finlandia. O equipo foi fundado en 1931 e debutou na máxima categoría o ano seguinte. As cores do equipo son o verde e o branco. Xoga os seus partidos como local no Loimaan pesäpallostadion.

Xogadores do LP en 2023.

Na tempada 2023 o seu equipo masculino compite na Miesten Ykköspesis, a segunda categoría do pesäpallo masculino, mentres que o seu equipo feminino disputa a terceira categoría, a Suomensarja.

Estadio editar

 
Vista parcial das bancadas do Loimaan pesäpallostadion.

Os Loimaan Palloilijat xogan os seus partidos como locais no Loimaan pesäpallostadion, situado na rúa Sammonkatu, no centro de deportes da cidade de Loimaa, e que ten sido o estadio principal de pesäpallo na cidade durante décadas.[1][2]

Notas editar

  1. "Kentät" (en finés). lpjuniorit.net. Consultado o 31 de maio de 2023. 
  2. "Pesäpallostadion" (en finés). loimaantapahtumat.fi. Consultado o 31 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar