Lophophorata

Lingula anatina
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Lophophorata
Filos

Os lofoforados ou Lophophorata son un conxunto de filos que posúen unhas características comúns o cal no pasado serviu para configurar unha ampla categoría taxonómica pero que actualmente os zoólogos considérano cando menos un grupo controvertido xa que inclúe a animais que aínda que teñen características semellantes tamén teñen diferenzas notables. Os filos tipicamente lofoforados son os briozoos (ou ectoproctos), os braquiópodos e os foronídeos.

Posición sistemática editar

O lugar que ocupan os lofoforados dentro do esquema do reino animal esta sendo debatido na actualidade, non habendo acordo entre os distintos investigadores. Para algúns autores, como Hickman,[1] son protóstomos, mentres que outros, como Brusca,[2] os consideran deuteróstomos; incluso hai investigadores que os consideran en certo modo intermedios entre protóstomos e deuteróstomos.[3]

Características comúns editar

Os lofoforados teñen as seguintes características comúns:

  • A posesión dun órgano tentaculado, o lofóforo (de lophos, crista, e phoreus, posuidor), que utilizan para capturar o alimento e como órgano respiratorio, que rodea a boca pero non o ano; conteñen unha prolongación do celoma, e as delgadas paredes con cilios dos tentáculos non son só un eficaz sistema de alimentación, senón que tamén funcionan como superficie respiratoria para o intercambio de gases entre a auga e o líquido celomático.
  • O celoma se forma por enterocelia.
  • A boca do adulto non deriva do blastóporo embrionario (excepto en foronídeos).
  • Unha organización trímera, é dicir, o corpo dividido en tres rexións, prosoma, mesosoma e metasoma, cada unha cunha cavidade celomática independente e xeralmente par, procele, mesocele e metacele, respectivamente.
  • Tubo dixestivo en forma de "U".
  • Teñen segmentación total e radial dos ovos e carecen de cabeza.
  • Desenvólvense a partir de larvas asimilables a unha dipléurula dos equinodermos (ou a unha trocófora dos poliquetos, segundo os autores).
  • Cada grupo dos lofoforianos en desenvolvido unha cuberta protectora de forma independente: os foronoideos forman tubos, os briozoos forman a cuberta do zoecio e os braquiópodos segregan unha cuncha bivalva.

Notas editar

  1. Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W., 2006. Principios integrales de zoología, 13ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XVIII+1022 pp. ISBN 84-481-4528-3
  2. Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3.
  3. Jefferies, R. P. S., 1986. The Ancestry of the Invertebrates. British Museum (Natural History), London.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Álvarez F., Emig C. C., Roldán C. & J. M. Viéitez, 2005. Lophophorata: Phoronida, Brachiopoda. In: Fauna Ibérica, vol. 27. Museo de Ciencias Naturales, CSIC Madrid, 273 pp.
  • Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 730–758 ISBN 84-368-0316-7