Lockheed P-2 Neptune

O Lockheed P-2 Neptune (designado P2V pola Armada dos Estados Unidos antes de setembro de 1962) foi un avión de patrulla marítima e de guerra anti-submarina. Desenvolveuno Lockheed para a Armada estadounidense para substituír os Lockheed PV-1 Ventura e PV-2 Harpoon, e á súa vez foi substituído polo Lockheed P-3 Orion. Deseñado como un avión baseado en terra, o Neptune nunca aterrou nun portaavións, aínda que un pequeno número de unidades foi convertido e despregado como bombardeiros nucleares para ser lanzados dende un portaavións pero recuperados en bases terrestres. O modelo foi exportado con éxito e operou en varias forzas aéreas.

Lockheed P-2 Neptune
Tipopatrulla marítima e guerra submarina
FabricanteLockheed
Primeiro voo17 de maio de 1945
Introducidomarzo de 1947
VariantesKawasaki P-2J

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.