Chamábanlle Trindade
Chamábanlle Trindade (en italiano: Lo chiamavano Trinità) é un filme cómico do xénero spaghetti western. Foi dirixido no ano 1970 por E.B. Clucher, e ó ano seguinte rodouse a secuela Seguíanlle chamando Trindade.
Chamábanlle Trindade | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lo chiamavano Trinità |
Director | E.B. Clucher |
Produtor | Italo Zingarelli |
Guión | E.B. Clucher |
Intérpretes | Terence Hill, Bud Spencer, Farley Granger, Elena Pedemonte, Steffen Zacharias, Dan Sturkie, Gisela Hahn, Ezio Marano, Luciano Rossi, Ugo Sasso, Michele Cimarosa, Remo Capitani, Riccardo Pizzuti |
Música | Franco Micalizzi, Lally Scott |
Fotografía | Aldo Giordani |
Montaxe | Giampiero Giunti, Antonio Siciliano |
Estrea | 22 de decembro de 1970 |
Duración | 117 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | comedia, spaghetti western |
Filme seguinte | Seguíanlle chamando Trindade |
Na rede | |
Lo chiamavano trinità está considerado un filme de culto tanto polos amantes do cine cómico como polos do cine do oeste, aínda que se trata principalmente dunha sobria e divertida parodia do spaghetti western. Está definida por algúns como o inicio do Fagioli Western, serie de filmes de pistoleiros que acadou fama grazas a Bud Spencer e Terence Hill.
Trama
editarTrindade (Terence Hill), tamén coñecido como "a man dereita do diaño", aparentemente un sucio e sórdido vagabundo, é en realidade un pistoleiro rápido e mañoso, ávido de conseguir pelexa á menor ocasión. Trindade atopa ó seu irmán Bambino (Bud Spencer), alcumado "a man esquerda do diaño", nunha aldea perdida do oeste. Alí "Bambino" é o shérif, procurando manter a orde, dado que é un maleante escapado da lei que malferiu ó que debería ser o sheriff. Alí agarda polos seus compañeiros, Faina e "Tímido", para regresar a California a dar un novo golpe.
O "Maior", influente home de negocios da aldea, quere marcar un gran rabaño de cabalos, pero o val que desexa para alimentalos está ocupado por uns mormóns que se adican á agricultura e gandería. Quere botalos do val, valéndose para iso da axuda duns mexicanos dispostos a axudalo. Porén, Trindade decide que quere quedar coa comunidade mormón, atraído pola posibilidade de dedicarse á boa vida e practicar a poligamia, polo que pide axuda ó seu irmán para desfacerse do Maior.
Versións
editarA duración integral da película, tal como se retransmite na televisión, é de 111 minutos, mais na versión para DVD, editada en 2003, dura só 106 minutos debido ó corte dalgunhas escenas.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio Oficial (en inglés)