Little Rope é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sleater-Kinney, publicado o 19 de xaneiro de 2024[1] a través do selo Loma Vista Recordings. Producido por John Congleton, o álbum foi precedido polos sinxelos "Hell", "Say It Like You Mean It", e "Untidy Creature".

Little Rope
Álbum de Sleater-Kinney
Publicado19 de xaneiro de 2024
Estudio(s)Flora Recording & Playback, Portland, Oregón
Duración33:59
Selo(s)Loma Vista Recordings
Producido porJohn Congleton
Cronoloxía
Path of Wellness
(2021)
Little Rope -

Antecedentes e gravación editar

O idea doutro álbum de Sleater-Kinney estivo inicialmente "no aire", xa que o video de introdución do seu anterior traballo Path of Wellness (2021) deu lugar a unha resposta vaga sobre se o dúo gravaría algún día outro álbum. Porén, despois do lanzamento do seu décimo álbum de estudio recorreron a John Congleton para producir o seu seguinte disco. Elas tiñan planeado traballar con Congleton moito tempo atrás, pero tiveron que esperar a que "as estrelas" se aliñasen. A gravación tivo lugar no estudio Flora Recording & Playback en Portland, Oregón.[2]

O álbum completouse tras un accidente de coche no que morreron a nai e o padrastro de Brownstein a finais de 2022 en Italia. Afrontando este evento, o dúo tivo que facer fronte a preguntas sobre "como navegamos pola dor, con quen a navegamos e as formas en que nos transforma".[3] Gran parte do disco xa estaba escrito ata ese momento, pero a banda regresou a el cun enfoque máis doloroso.[4] Como resultado, Little Rope trata temas como "crise global e traxedia persoal".[5] Descrito como "un dos máis finos e delicadamente estratificados" da súa discografía, o disco enriquécese a través dunha "instrumentación complexa e ambiciosa".[6]

Listaxe de cancións editar

N.º Título Duración
1. "Hell"   3:14
2. "Needlessly Wild"   2:51
3. "Say It Like You Mean It"   3:44
4. "Hunt You Down"   3:32
5. "Small Finds"   3:07
6. "Don't Feel Right"   3:50
7. "Six Mistakes"   3:08
8. "Crusader"   3:37
9. "Dress Yourself"   3:28
10. "Untidy Creature"   3:28
33:59

Notas editar

  1. "Little Rope, by Sleater-Kinney". Sleater-Kinney (en inglés). Consultado o 2024-01-19. 
  2. "Sleater-Kinney Announce New Album 'Little Rope': Listen To "Hell"". Stereogum (en inglés). 2023-10-03. Consultado o 2024-01-19. 
  3. Mier, Tomás (2023-10-03). "Sleater-Kinney Preview 11th LP 'Little Rope' With Single 'Hell'; Detail 2024 Tour". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2024-01-19. 
  4. Krol, Charlotte (2023-10-03). "Sleater-Kinney announce new album 'Little Rope' and share first single 'Hell'". NME (en inglés). Consultado o 2024-01-19. 
  5. "Sleater-Kinney announce eleventh studio album ‘Little Rope’". DIY (en inglés). 2023-10-03. Consultado o 2024-01-19. 
  6. "Sleater-Kinney Announce New Album Little Rope, 2024 Tour Dates" (en inglés). 2023-10-03. Consultado o 2024-01-19.