«Little Lion Man»
Sinxelo e canción de Mumford & Sons
do Álbum 'Sigh No More'
Lanzamento 11 de agosto de 2009[1]
Formato {{{formato}}}
Gravada 2009
Xénero musical Indie folk, bluegrass
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:06 (versión do álbum)
3:30 (edición para radio)
Discográfica Island, Glassnote (EUA)
Produtor(es) Markus Dravs
Escritor(es) {{{escritor}}}
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Little Lion Man" é unha canción e o sinxelo debut do cuarteto londiniense de folk Mumford & Sons, extraído do seu álbum debut, Sigh No More. Publicouse no Reino Unido o 11 de agosto de 2009.

A canción foi candidata para Mellor Canción Rock na quincuaxésima terceira edición dos Premios Grammy, no 2011.[2][3]

En outubro de 2011, NME colocouna de número 43 na lista das "150 mellores cancións dos últimos 15 anos".[4]

A canción inclúe a verba "fucked" no seu refrán. Nalgunhas versión é substituída por "messed" mentres que noutras é eliminada.

Composición editar

O cantante Marcus Mumford dixo sobre a canción:

"É unha historia moi persoal, así que non a escarvarei moito. Chega con dicir que foi unha situación da miña vida da que non me sinto nin feliz nin orgulloso... e ás veces, cando non dás descrito un sentimento coas palabras, é case máis sinxelo expresalo cunha canción. E logo, cando me preguntas pola canción, éme bastante difícil explicala. É unha adiviña - non queres parecer autoindulxente explicándote a ti mesmo; é sempre incómodo. O cal é tamén estraño, pois non é nunca incómodo cantala. Supoño que a canción debería ser ela mesma e que a xente tire as súas propias interpretacións da letra. Pero para min, persoalmente, é a letra o que escoito unha e outra vez da canción. Doulle unha importancia específica a ela. Non podo escribir as letras a menos que as sinta e teñan sentido, o que, ás veces, é bastante frustrante...”[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar