Literatura sumeria
A literatura sumeria é a literatura máis antiga do mundo.[1] Os sumerios idearon o primeiro sistema de escritura, comezando con logogramas cuneiformes, que evolucionaron a un sistema de escritura silábico. A lingua sumeria mantívose en uso oficial e literario nos Imperios Acadio e Babilonio, ata despois de que a lingua falada desaparecese da poboación; a alfabetización estaba estendida, e os textos sumerios que copiaban os estudantes exerceu posteriormente unha influencia na literatura babilónica. A literatura sumeria non chegou ata nós directamente, senón que debeu de ser redescuberta a través da arqueoloxía. No entanto, os acadios e babilonios recibiron unha grande achega da herdanza literaria sumeria, cuxas tradicións contribuíron a estender por Oriente Medio, influíndo en gran medida a literatura que xurdiría en dita rexión, incluíndo a Biblia.
Obras literarias
editarObras importantes da literatura sumeria inclúen:
- Un mito sumerio da Creación e o Diluvio (en inglés)
- Dúas lendas de Enmerkar:
- Enmerkar e o señor de Aratta (tradución ao inglés).
- Enmerkar e En-suhgir-ana (en inglés).
- Dúas lendas de Lugalbanda durante a campaña contra Aratta:
- Lugalbanda na Cova Montañosa (en inglés).
- Lugalbanda e o paxaro Anzud (tradución ao inglés).
- Cinco historias no Poema de Gilgamesh:
Notas
editar- ↑ Electronic Text Corpus of Sumerian Literature (en inglés)