Presidente de Letonia

(Redirección desde «Lista da presidencia de Letonia»)

O presidente é o xefe de estado e o comandante en xefe das forzas armadas de Letonia. O Presidente é elixido polo parlamento (Saeima) por un mandato de catro anos. Ata o momento, todos os presidentes cumpriron dous mandatos no cargo excepto Gustavs Zemgals. En caso de ausencia, o Presidente do Parlamento asume o cargo de interinamente, caso que se deu trala independencia de Letonia da Unión Soviética, cando Anatolijs Gorbunovs exerceu como presidente desde 1991 ata 1993.

Estandarte presidencial

Esta é unha lista dos presidentes de Letonia despois de 1922.

Nome Inicio de mandato Final de mandato Partido político
1 Jānis Čakste 1922 1927 Partido do Centro Democrático
- Pauls Kalniņš (presidente interino) 1927 1927 Partido Obreiro Socialdemócrata Letón
2 Gustavs Zemgals 1927 1930 Partido do Centro Democrático
3 Alberts Kviesis 1930 1936 Unión Letoa de Agricultores
4 Kārlis Ulmanis 1936 1940 Independente
Letonia integrada na Unión Soviética 1940 1991
- Anatolijs Gorbunovs (Presidencia interina) 1991 1993 Independente
5 Guntis Ulmanis 1993 1999 Unión Letoa de Agricultores
6 Vaira Vīķe-Freiberga 1999 2007 Independente
7 Valdis Zatlers 2007 2011 Independente
8 Andris Bērziņš 2011 2015 Unión dos Verdes e dos Agricultores
9 Raimonds Vējonis 2015 2019 Partido Verde Letón
10 Egils Levits[1] 2019 2023 Independente
11 Edgars Rinkēvičs 2023 Presente Independente

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. "Egils Levits, investido presidente de Letonia" (en castelán). 29 de maio de 2019. Consultado o 8 de xullo de 2019.