Lisa Harriton
Lisa Rae Harriton (18 de novembro de 1980, Londres) é unha música inglesa, que toca os teclados e faille os coros á banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins dende o 2007. Harriton tamén é vocalista e compositora facendo unha mestura entre soul e pop influenciado polo jazz e a world music. Harriton comezou a súa carreira como vocalista de estudio con 8 anos de idade, facendo traballos para Disney, Integrity Media e Word Records.
Lisa Harriton | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Lisa Rae Harriton |
Nacemento | 18 de novembro de 1980 (42 anos) |
Orixe | Londres, Inglaterra ![]() |
Ocupación | músico |
Instrumento(s) | piano, voz |
Relacionado con | The Smashing Pumpkins, Adam Lambert, Kesha |
Na rede | |
http://www.elleraemusic.com | |
![]() ![]() |
TraxectoriaEditar
Harriton asistiu e completou estudos de piano clásico na Royal Schools of Music de Londres, e completou ademais estudos de piano de jazz na University of Southern California en maio do 2004.
Actuou en clubs de jazz na China, o Xapón, o Perú e os Estados Unidos e traballou con músicos como Ingrid Jensen e Ernie Watts.
A súa nai, Terry Harriton, é unha vocalista de estudio en Los Angeles, o seu pai, Michael Harriton, é compositor e músico, e o seu irmán máis vello Steven tamén é músico.
Recentemente apareceu nos American Music Awards do 2009 con Adam Lambert yocando os teclados, e tamén apareceu con Adam nos programas CBS Early Show, Late Night with David Letterman e The View.
The Smashing PumpkinsEditar
O 22 de maio do 2007, no club Le Grand Rex de París, deuse a coñecer como teclista e corista de xira da reformada The Smashing Pumpkins. Harriton aparece nos vídeos de "Tarantula" e "That's the Way (My Love Is)". O 9 de marzo do 2010 Billy Corgan, líder da banda, comezou a realizar audicións para un teclista con vistas ao seguinte traballo do grupo, Teargarden by Kaleidyscope.