Lisa Fonssagrives

Lisa Birgitta Bernstone,[1] nada no condado de Västra Götaland o 17 de maio de 1911 e finada en Nova York o 4 de febreiro de 1992, foi unha modelo sueca coñecida como Lisa Fonssagrives, considerada unha das primeiras supermodelos da historia.[2][3][4][5][6][7][8][9]

Infotaula de personaLisa Fonssagrives

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Lisa Birgitta Bernstone Editar o valor em Wikidata
17 de maio de 1911 Editar o valor em Wikidata
Gotemburgo e Bohuslän, Suecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de febreiro de 1992 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , bailarina , deseñador de moda , artista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIrving Penn (1950–1992)
Fernand Fonssagrives (pt) Traducir (1935–1950) Editar o valor em Wikidata
FillosMia Fonssagrives-Solow (pt) Traducir
 () Fernand Fonssagrives (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bernstone-1

Traxectoria editar

 
Fonssagrives na estación de Paddington (Londres) en 1951, por Toni Frissell

Lisa Fonssagrives naceu en Suecia en 1911, en Göteborg[1] ou Uddevalla[10] e creceu en Uddevalla.[1] De nena, aprendeu pintura, escultura e danza. Pasou á escola de Mary Wigman en Berlín, onde estudou arte e danza. Tras volver a Suecia, abriu unha escola de baile.[11] Mudouse de Suecia a París para adestrarse en ballet tras participar coa coreógrafa Astrid Malmborg nunha competición internacional e traballou como profesora privada de danza con Fernand Fonssagrives,[11] o que a levou a facer unha carreira como modelo.[10] Posteriormente dixo que ser modelo era "continuar a bailar".[12] Mentres estaba en París en 1916, o fotógrafo Willy Maywald descubriuna nun ascensor e propúxolle que fose modelo de sombreiros para el.[11] As fotografías foron enviadas á revista Vogue, e o seu fotógrafo Horst realizou probas fotográficas dela.[2][11] En xullo de 1939, apareceu na revista semanal alemá Der Stern. Antes de que Fonssagrives marchase aos Estados Unidos en 1939 xa era unha top model.[13] A súa imaxe aparecu na portada de moitas revistas nas décadas de 1930, 1940 e 1950,[3][12] incluídas Town & Country, Life, Time, Vogue e Vanity Fair. Díxose dela que era "a mellor pagada, a máis eloxiada e a mellor modelo do negocio".[3][14][15] Fonssagrives describiuse a ela mesma como unha "boa percha para a roupa".[2]

Traballou con fotógrafos de moda como George Hoyningen-Huene, Man Ray, Horst, Erwin Blumenfeld, George Platt Lynes, Richard Avedon e Edgar de Evia. Casou co fotógrafo parisiense Fernand Fonssagrives en 1935; divorciáronse en 1949[16] e casou con outros fotógrafo, Irving Penn, en 1950. Converteuse en escultora na década de 1960 e exhibiu a súa obra na Marlborough Gallery de Manhattan.[10]

Fonssagrives faleceu aos 80 anos en Nova York, sobrevivida polo seu segundo marido e os seus dous fillos, a súa filla Mia Fonssagrives-Solow (deseñadora de moda e xoias e escultora casada co investidor inmobiliario e coleccionista de arte Sheldon Solow) e o seu fillo, Tom Penn (deseñador).[10]

A poxa da colección de fotografías de Elton John que tivo lugar en Christie's o 15 de outubro de 2004 vendeu unha foto tomada por Irving Penn da súa esposa en 1950 por 57 360 dólares.[17]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Lisa Fonssagrives-Penn; Nicholas Callaway; Alexander Liberman; Alexandra Arrowsmith (1994). Lisa Fonssagrives-Penn: sculpture, prints and drawings. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ranck, Rosemary (9 de febreiro de 1997). "The First Supermodel". The New York Times. Consultado o 24 de setembro de 2006. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Wyllie, Alice (2008-01-10). "An enduring model". The Scotsman (Edimburgo). 
  4. Brubach, Holly (1998-02-08). "Style; A State of Grace". The New York Times. ...Lisa Fonssagrives, who in retrospect surely qualifies as the first supermodel. 
  5. "Christian Dior: Lisa Fonssagrives lives". China Daily. 2008-07-01. Generally credited with being the first ever supermodel, Fonssagrives'... 
  6. Alexander, Hilary (2008-06-30). "The thigh’s the limit at Christian Dior". Telegraph (London). Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2009. Consultado o 15 de agosto de 2020. the iconic first super-model, Lisa Fonssagrives 
  7. Johnson, Geoffrey (marzo de 2010). "On the life and work of photographer Beatrice Tonnesen". Chicago Magazine. ...1949, Lisa Fonssagrives, recognized today as the original supermodel 
  8. Cheesman, Chris (2007-10-19). "Pictures: Original stills from JFK assassination revealed". Amateur Photographer. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 15 de agosto de 2020. ...Lisa Fonssagrives-Penn, described as the 'world's first supermodel' 
  9. Singh, Anita (2008-11-13). "Photographs of Angelina Jolie, Kate Moss and Britney Spears for sale at Christie's". Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2010. Consultado o 15 de agosto de 2020. She has been described as the original supermodel, gracing the pages of Vogue in the 1940s and 1950s 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Anne-Marie Schiro (6 de febreiro de 1992). "Lisa Fonssagrives-Penn, 80, Artist Who Gave Up Career as a Model". The New York Times. Consultado o 6 de marzo de 2008. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Seidner, David (Spring 1985). "Lisa Fonssagrives-Penn". Bomb Magazine. Arquivado dende o orixinal o 2013-04-16. 
  12. 12,0 12,1 Renn, Crystal & Ingall, Marjorie. Hungry: A Young Model's Story of Appetite, Ambition and the Ultimate Embrace. ISBN 1-4391-0123-X. 
  13. "Noted Model Designs Late Late Wear". Life. 1957-11-18. 
  14. "ADVERTISING: Billion-Dollar Baby". Time. 1949-09-19. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 15 de agosto de 2020. 
  15. Robertson, Nan (1956-05-25). "Model Life: Mannequin Turns Fashion Creator; Lisa Fonssagrives Uses Tricks She Learned On Runway to Develop Convertible Styles(subscription required)". 
  16. Lisa Fonssagrives-Penn: Sculpture, Prints and Drawings, Lisa Fonssagrives-Penn Trust, 1994. p. 19.
  17. Elton John photo collection nets $900,000 USA Today 15 de outubro de 2004.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fonssagrives, Fernand; Muir, Robin, Fernand Fonssagrives; An Eye for Beauty, Londres: Guiding Light, 2003.
  • Lisa Fonssagrives-Penn: Bronzes (exhibition catalogue), Nova York: Marlborough Gallery, Inc., 1983.
  • Lisa Fonssagrives-Penn: Sculpture, Prints and Drawings, Lisa Fonssagrives-Penn Trust, 1994.
  • Gross, Michael: Model: The Ugly Business of Beautiful Women, Nova York: W. Morrow, 1995, ISBN 0-688-12659-6
  • Seidner, David (ed): Lisa Fonssagrives: Three Decades of Classic Fashion Photography, Nova York: Vendome Press, 1996, ISBN 0-86565-978-8

Ligazóns externas editar