Lir ou Ler (mar en irlandés antigo) é o deus do mar na antiga relixión irlandesa. Chámase Allód nas xenealoxías máis antigas e correspóndese co Llŷr da mitoloxía galesa. Lir é unha figura clave, coñecido sobre todo como o pai de Manannan mac Lir, que aparece repetidas veces na literatura medieval irlandesa.

Lir e os cisnes

Os fillos de Lir editar

A súa figura ten un papel de seu, como rei titular, en Oidheadh Chlainne Lir ("A morte dos fillos de Lir") ou Clann Lir ("Os fillos de Lir") que data na súa forma definitiva de 1500 [1] pero que contén elementos moi anteriores. Segundo esta historia Lir non estaba conforme co novo rei dos Tuatha Dé Danann, Bodb Derg e para acalentalo este ofreceulle unha das súas fillas, Aobh como esposa; desta unión feliz naceron unha nena Fionnuala e tres nenos; Aed e os xemelgos Fiachra e Conn. Pero Aobh morreu e Lir quedou desconsolado polo que Bobd Derg propúxolle casar con outra con Aoife, outra das súas fillas, mais esta celosa do amor do país polos seus fillos e utilizando maxia negra tornounos en cisnes. Liar soubo da noticia e converteu a Aoife nun demoño. Como cisnes os nenos pasaron os primeiros 300 anos en Lough Derravaragh, un lago próximo ao castelo onde vivía Lir que visitaba os nenos pero tras ese período marcharon ao mar de Moyle e xa non os veu máis.

Notas editar

  1. Maureen O'Rourke Murphy e James MacKillop An Irish Literature Reader: Poetry, Prose, Drama Syracuse University Press, 2006; p.16