Linux Professional Institute

O Linux Professional Institute é unha organización sen ánimo de lucro constituída en outubro de 1999, coa súa sede cerca de Toronto (Canadá). Está recoñecida como a primeira organización en impulsar e apoialo uso de Linux, código aberto e software libre.

LPI Logo
LPI Logo

Certificacións LPI ou LPIC editar

As certificacións LPI, ou en inglés, LPI Certifications (LPIC) deseñáronse para certificala capacitación dos profesionais das Tecnoloxías da Información usando o sistema operativo Linux e as ferramentas asociadas a este sistema.

Deseñouse para ser independente da distribución e segue a Linux Standard Base e outros estándares relacionados.

O programa LPI baséase na realización de enquisas para establecer un nivel de certificación baseado no posto de traballo a desempeñar utilizando procesos de psicometría para garantila relevancia e a calidade da certificación.

Profesional Junior de Linux ou LPIC-1 editar

  • Estado: Dispoñible actualmente. A primeira publicación data do 11 de xaneiro do 2000. Recibiu varias revisións dende entón.
  • Prerrequisitos: Ningún
  • Requirimentos: Pasar os exames 101 e 102
  • Obxectivos da certificación
    • Ser capaz de traballar na liña de comandos
    • Realizar tarefas sinxelas de mantemento como axudar ós usuarios, mantemento de usuarios, realización de copias de seguridade e restauracións, paradas e arranque de sistemas
    • Instalación e configuración dun equipo de traballo e a súa conectividade á rede.

Profesional de Ubuntu, Ubuntu Certified Professional editar

  • Prerrequisitos: Tela certificación LPIC-1
  • Requirimentos: Pasar o exame 199
  • Obxectivos da certificación:
    • Entender a infraestrutura técnica de Ubuntu

Profesional Avanzado de Linux ou LPIC-2 editar

  • Prerrequisitos: Ter a certificación LPIC-1
  • Requirimentos: Pasar os exames 201 e 202
  • Obxectivos da certificación
    • Administración dun dominio pequeno ou mediano
    • Planificación, mantemento, securización dunha rede mixta (MS, Linux) incluíndo:
      • Servidor de rede Samba
      • Pasarela de Internet: firewall, proxy, correo, news
      • Servidores de Internet: Servidores web, FTP
    • Supervisión de asistentes
    • Aconsellar en automatización e compras

Profesional Sénior e especialista de Linux LPIC-3 editar

  • Prerrequisitos: Tela certificación LPIC-2
  • Requirimento: Pasar os exames 301 (Core) e algún dos exames de especialización 302-306
    • 302. Contorno mixto
    • 303. Seguridade
    • 304. Alta dispoñibilidade e virtualización
    • 305. Web e Intranet
    • 306. Correo e mensaxería

Material de Estudo aprobados editar

LPI aprobou diverso material de estudo Linux Approved Training Material ou LATM para as súas certificacións:

Outras certificacións editar

Existen outras certificacións Linux que se centran en distribucións particulares, mentres que LPI é agnóstica á distribución. A continuación citamos algunhas:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar