Lino Velo Castiñeiras
comerciante e político galego
Lino Velo Castiñeiras, finado en Celanova en outubro de 1926, foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Celanova, España |
Morte | outubro de 1926 |
Alcalde de Celanova | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Xosé Velo |
Traxectoria editar
Industrial de Celanova, montou unha fábrica de casulas.[1] Foi elixido alcalde de Celanova en 1890,[2] e deputado provincial (1890). Finou en Celanova a principios de outubro de 1926.[3][4]
Predecesor: ? |
Alcalde de Celanova 1890 - 1907 |
Sucesor: José Fernández Feijóo |
Vida persoal editar
Casou con Encarnación Rodríguez Esperanza, que finou en outubro de 1907.[5] Volveu casar en Celanova con Manuela Mosquera Alvarado en 1909,[6] e foi pai de Xosé Velo. Foi tío de Casimiro Velo.