Lino Martínez Villafínez

pintor galego

Lino José Martínez Villafínez, coñecido tamén como Lino Villafínez, nado en Marín o 23 de setembro de 1892[1] e finado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1970[2], foi un pintor galego.

Lino Martínez Villafínez
NomeLino José Martínez Villafines
Nacemento23 de setembro de 1892
 Marín
Falecemento9 de febreiro de 1970
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
FillosJuan Martínez Míguez
EidoPaisaxismo urbano e monumental
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Sexto fillo do carabineiro Bertoldino Martínez e Dolores Villafines, que eran orixinarios de Santa María de Mourente (Pontevedra). Tivo seis irmáns. Foi bautizado na igrexa parroquial de Santa María do Porto o 3 de outubro do ano do seu nacemento. O seu apelido materno, Villafines, acabou co tempo transformado á súa forma castelá. Desde ben cedo, interesouse pola pintura, datándose os seus primeiros cadros sobre 1913, fundamentalmente mariñas.

En 1924, por mediación de Luis Blanco Rivero-de Aguilar, trasladouse a Santiago de Compostela, onde desenvolveu case toda a súa actividade pictórica. Comezou a traballar como subalterno (enfermeiro e debuxante de quirófano) no Hospital Provincial de Santiago.[2] Durante esta etapa inicial tivo trato con Mariano Tito Vázquez, Francisco Asorey, Castelao, Roberto González del Blanco e Enrique Mayer.

Subvencionado pola Deputación de Pontevedra en 1926, 1929 e 1930, e cunha bolsa de viaxe en 1931, marchou a Madrid, onde alternou a troula coa pintura.[3]

Residiu durante tempadas breves en Vigo, en Rianxo (grazas á axuda de Ángel Baltar Cortés, primeiro, e do seu fillo Ramón Baltar Domínguez, posteriormente) e en Neiro, Sabugueira.

Sobre todo na etapa final da súa vida (1945-1970), con problemas co alcohol e numerosas débedas, viuse na obriga de pintar cada vez con maior rapidez, o que derivou na repetición incesante de temas da paisaxe compostelá e a definición que a crítica fixo del de facer pintura en serie.[4] Foi enterrado no Cemiterio de Boisaca[5].

Unha rúa compostelá leva o nome de Pintor Lino Villafínez na súa lembranza.

Vida persoal editar

Casou con María Míguez Dedel (nacida en Sigüeiro) e foi pai do tamén pintor Juan Martínez Míguez, alcumado Vilafíns.

Notas editar

  1. Rexistro Civil de Marín, tomo 52, páxina 70.
  2. 2,0 2,1 El Pueblo Gallego, 11-2-1970, p. 14.
  3. López Vázquez, José Manuel en Enciclopedia temática de Galicia, tomo V.- Arte, p. 212 (en castelán).
  4. Roberto Qumata: "Miles de gallegos creen tener una obra maestra" Arquivado 10 de abril de 2015 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 29-7-2007 (en castelán).
  5. El Pueblo Gallego, 12-2-1970, p. 13.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar