Linguaxe icónica
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Fálase de linguaxe icónica[1] ao tratar a representación da realidade a través das imaxes. Esta realidade refírese á realidade visual, considerada nos seus elementos máis apreciados: as cores, as formas, e as texturas. Cando falamos de imaxes, o que varía con respecto a outros modelos de representación non é a relación de substituír, interpretar ou traducir esa realidade.
Dentro do iconismo atopamos imaxes que desempeñan a función de signo. A percepción dunha icona (imaxe) e a súa relación cunha realidade ou significado é posible mediante o proceso de recoñecemento que leva a cabo o seu receptor. Moitas teorías intentan explicar a linguaxe icónica.
Fálase de grao de iconicidade no sentido de relación de realismo dunha imaxe con respecto ao obxecto que representa. Un contorno é menos icónico que unha fotografía, á súa vez o é menos que o obxecto real que representa.
NotasEditar
- ↑ Blanco Rodríguez, Luisa (2005). "Lengua y grafía. Recursos fónicos.". Lenguaje Publicitario. La seducción permanente. Ariel. pp. 159–160.