Linguas formosanas

grupo de linguas austronesias

As linguas formosanas[1] son un grupo de linguas austronesias faladas polos habitantes aborixes de Taiwán. Actualmente só un 2% da poboación taiwanesa fala algunha destas linguas, polo que se encontran en perigo de extinción.

Distribución das linguas formosanas antes da colonización chinesa.

As linguas formosanas considéranse actualmente un grupo parafilético que conforma a base da familia austronesia, e suxírese que do grupo paiwánico se derivaron as linguas malaio-polinesias.

Así pois, pódense considerar as linguas formosanas como orixinarias das demais linguas austronesias. A poboación moderna de orixe chinesa comezou a súa inmigración polo 1650, falaban dialectos hakka e min do sur, os cales evolucionaron até converterse no actual taiwanés, pertencente á familia sino-tibetana.

Familia austronesia

editar

As subfamilias austronesias pódense considerar formosanas. A seguinte clasificación segue o establecido pola Austronesian Basic Vocabulary Database[2] e as subfamilias identifícanse coas cores do mapa:      Kavalánico

     Formosano setentrional Cun 97% de confiabilidade na unidade do grupo.

  • Thao (ou sao, brawbaw, shtafari)
  • Chairego occidental
    • Babuza (ou favorlang, taokas, poavosa)
    • Popora-Hoanya
  • Saisiyat
  • Pazeh (ou kulun)
  • Atayálico

     Ami

     Bunun

     Tsou-Rukai (85%)

     Siraya

     Puyuma

     Paiwánico O grupo malaio-polinesio e o paiwán forman unha unidade cunha confiabilidade do 75%.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para formosano.
  2. "Austronesian Basic Vocabulary Database". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2006. Consultado o 05 de novembro de 2011.