Lingua pataxó
lingua extinta falada polo pobo pataxó
A lingua pataxó (patashó), ou pataxó hã-ha-hãe (pataxó-hãhaãi), é unha lingua extinta falada outrora polo pobo pataxó que habita no Brasil. Falábase na rexión de Baía, en Minas Gerais, Pôsto Paraguassu no concello de Itabuna. Existe pouca información sobre ela pero é probable que pertencese á familia lingüística maxakalí. Os membros do pobo pataxó no presente falan o portugués, mais conservaron algunhas verbas pataxó, así como préstamos doutras linguas indíxenas veciñas.
Pataxó | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Pataxó Hã-Ha-Hãe | |
Falado en: | Brasil | |
Rexións: | Baía | |
Extinción: | 2009 | |
Familia: | Maxakalí Pataxó | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pth
| |
Mapa | ||
Status | ||
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Greg Urban (1985): "On Pataxó and Hãhãhãi", International Journal of American Linguistics, Vol. 51, No. 4 (Oct., 1985), pp. 605-608.