Lingua númida

lingua morta falada na antiga Numidia

A lingua númida[1] foi unha lingua falada na antiga Numidia, un territorio que abranguía a maior parte do norte de África. Aínda que o sistema no que se escribiu a lingua, o alfabeto líbico-bérber (do cal descende o tifinagh), foi case totalmente descifrado e a maioría dos caracteres (agás algunhas excepcións restrinxidas a áreas específicas) teñen valores coñecidos, a lingua apenas foi descifrada e só se coñecen algunhas palabras. As inscricións líbico-bérberes testemuñan a lingua dende o século III a.C ata o século III. A lingua está escasamente estudada e só se pode identificar con seguridade como pertencente á familia afroasiática, aínda que o máis probable é que formase parte das linguas bérberes, falado ao comezo da ruptura da lingua protobérber.[2][3][4]

Númida
Falado en: Antiga Numidia
Extinción: Evolucionou ou foi substituída polas linguas bérberes arredor dos séculos III-IV
Familia: Linguas afroasiáticas
 Linguas bérberes ?
  Númida
Escrita: Escrita líbica (Proto-tifinagh)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: nxm
Mapa
Status

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para númida.
  2. Daniels, Peter T.; Bright, William (1996). The World's Writing Systems (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-507993-7. 
  3. Güldemann, Tom (2018-09-10). The Languages and Linguistics of Africa (en inglés). Walter de Gruyter GmbH & Co KG. ISBN 978-3-11-042175-0. 
  4. Woodard, Roger D. (2008-04-10). The Ancient Languages of Syria-Palestine and Arabia (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-1-139-46934-0. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  • Aikhenvald & Militarev, 1991. 'Livijsko-guanchskie jazyki', Jazyki Azii i Afriki, vol. 4, pp. 148–266.