Lingua náhuatl de Oaxaca
variedade do náhuatl falado en Oaxaca, México
(Redirección desde «Lingua náhuatl de Santa María la Alta»)
A lingua náhuatl de Oaxaca (en náhuatl: Huaxyacac nahuatlahtolli) é unha variedade da lingua náhuatl falada por unhas 13.000 persoas do pobo náhuatl no estado mexicano de Oaxaca. Fálase na serra mazateca de Oaxaca, e esténdese dende Teotitlán até a rexión de Tochtepec. É a variedade máis meridional en territorio mexicano e está emparentada co náhuatl da Serra Negra de Puebla e o náhuatl de Orizaba. Ten arredor de 13.000 falantes,[1] os cales residen principalmente nas comunidades de Teotitlán del Camino, Santa María Teopoxco, Nanahuatipam, San Martín Toxpalan, Apixtepec, El Manzano de Mazatlán, Cosolapan e Tenosapa.[2]
Náhuatl de Oaxaca Nawatlajtole | ||
---|---|---|
Falado en: | México | |
Rexións: | Oaxaca | |
Total de falantes: | ± 13.000 | |
Familia: | Uto-azteca Nahua Náhuatl Oriental Náhuatl de Oaxaca | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | nhy
| |
Mapa | ||
Status | ||
Notas
editar- ↑ Segundo o censo do INEGI no ano 2000 había 10.979 persoas que falaban náhuatl na entidade; 2005, Perfil Sociodemográfico … p. 4
- ↑ [1] Arquivado 17 de maio de 2023 en Wayback Machine. El náhuatl del norte de Oaxaca. Páxina do Instituto Lingüístico de Verano
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |