Lingua maduresa

lingua falada en Madura e en Xava oriental, Indonesia

O madurés[2] (en madurés: Bhâsa Madhurâ; en carakan: ꦧꦱꦴꦩꦝꦸꦫꦴ; en pegon: بَهاسَ مَدورا) é unha lingua malaio-polinesia falada polo pobo madurés que habita na illa Madura e en Xava oriental, en Indonesia. Tamén é falada nas pequenas illas Kangean e Sapudi, así como polos migrantes madureses noutras partes de Indonesia. A variedade de Kangean pode ser considerada como unha lingua diferente. Tradicionalmente foi escrita en alfabeto xavanés, mais o alfabeto latino e a escrita pegon (baseado no alfabeto árabe) son máis comúns no presente. O número de falantes, aínda que diminuíu nos últimos anos, estímase en 8 ou 13 millóns de persoas, sendo unha das linguas máis faladas do país.

Madurés
Bhâsa Madhurâ
Outros nomes:ꦧꦱꦴꦩꦝꦸꦫꦴ
بَهاسَ مَدورا
Falado en: Indonesia
Rexións: Madura e Xava oriental
Total de falantes: 6,7 millóns (2011)
Familia: Austronesia
 Malaio-polinesia
  Malaio-sumbawana
   Madurés
Escrita: alfabeto latino
carakan
Pegon
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Xava Oriental (xunto co xavanés e o indonesio)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: mad
ISO 639-3: mad
Mapa
Status

O madurés está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de madurés -sa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar