Lingua kalasma

lingua indoeuropea

A lingua kalasma[1] é unha lingua extinta falada na Idade de Bronce no territorio de Kalasma, na rexión de Anatolia.

Kalasma
Lingua kalasma
Falado en:
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Anatólicas
  Kalasma
Escrita: Escrita cuneiforme
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

Características editar

Só se coñecen fragmentos dela, a través de dunha táboa de barro atopada en escavacións arqueolóxicas en Hattusa, capital do reino dos hititas. Identificouna en setembro de 2023 Daniel Schwemer, profesor da Universidade de Würzburg, co aval da hititóloga Elisabeth Rieken da Universidade Philipps de Marburgo[2]. A lingua clasificouse como indoeuropea da rama das linguas anatólicas (coma o hitita, o luvito, o cario, o licio e o sidético), con trazos propios das linguas luvitas da Idade de Bronce. A investigación, porén, non está rematada e estas afirmacións deben contrastarse con toda a comunidade lingüística. De confirmarse esta clasificación dialectal próxima ao luvita, sería a primeira lingua luvita do noroeste, xa que o resto dos luvitos están situados no sur de Anatolia.

Notas editar

  1. "Descobren unha nova lingua indoeuropea descoñecida até o de agora". Nós Diario. 24 de setembro de 2023. 
  2. "New Indo-European Language Discovered". Universidade de Wuerzburg (en inglés).