Abrir o menú principal

O chuuk, chuukés ou trukés é unha lingua trúkica da familia austronesia falada principalmente nas illas de Chuuk nas Illas Carolinas da Micronesia. Tamén posúe falantes en Pohnpei e Guam. Estímase que hai arredor de 48,200 falantes desta lingua na Micronesia.[1]

Chuuk
Falado en: Estados Federados de Micronesia
Rexións: Chuuk
Total de falantes: 48.200 (2005)
Familia: Austronesia
 Malaio-polinesia
  Oceánica
   Micronesia
    Micronesia nuclear
     Chuúkico-pohnpeica
      Chuúkica
       Chuuk
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: chk
ISO 639-3: chk

FonoloxíaEditar

O chuuk posúe a característica pouco común de iniciar as palabras con consoantes xeminadas (dobres). O antecesor común das linguas micronesias occidentais crese que tamén tiña esta característica, mais a maioría dos descendentes modernos perdérona.[2]

Truk e chuuk son diferentes ortografías, e ambos, o antigo tr e o actual ch transcriben o son //.

NotasEditar

  1. Visitar o Ethnologue.
  2. "Reflexes of initial gemination in Western Micronesian languages" (PDF). UCLA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2013. Consultado o 8 de setembro de 2005. 

Véxase taménEditar