O caddo é unha lingua indíxena americana, a lingua tradicional do pobo caddo.[2] É unha lingua en perigo crítico, sen falantes monolingües e só 25 falantes contabilizados no ano 1997, os cales adquiriron a lingua cando eran nenos fóra da ensinanza escolar.[3] O caddo ten varios dialectos mutuamente intelixibles. Os dialectos máis usados son hasinai e hainai; outros inclúen kadohadacho, natchitoches e yatasi.[4]

Caddo
Hasí:nay
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexións: Oklahoma
Total de falantes: 25 (1997)
Familia: Caddo
 Caddo
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: cad
ISO 639-3: cad
Mapa
Status

O caddo está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Relación lingüística editar

O caddo está relacionada lingüísticamente cos membros da familia caddo do norte; esta inclúe as linguas pawnee-kitsai (arikara, kitsai e pawnee) e a wichita. O kitsai e o wichita están extintos, e o pawnee e o arikara teñen menos falantes que o caddo.[5]

Outra lingua, o adai, crese que foi unha lingua caddo, pero debido aos escasos recursos e ao estado de extinción da lingua, esta conexión non é concluínte e o adai é xeralmente considerado un idioma illado.[5]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. The Linguist List
  3. SIL International, 2009
  4. Caddo Nation, 2007
  5. 5,0 5,1 Native Languages of the Americas, 2011

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar