Lingua banjar

lingua austronesia

A lingua banjar (Bahasa/Basa Banjar, en jawi: بهاس بنجر) é unha lingua austronesia empregada polo pobo banjar de Kalimantan Meridional, Indonesia. Como moitos dos membros do pobo banjar son mercadores itinerantes, espallan a súa lingua por tódolos lugares de Indonesia ós que viaxan. O banjar pódese considerar unha lingua franca, especialmente na illa de Borneo, xa que se emprega en tres das catro provincias de Borneo: Borneo do Sur, Borneo do Leste e Borneo Central, agás en Borneo do Oeste, onde o malaio é máis popular.

Banjar
Bahasa Banjar
بهاس بنجر
Falado en: Indonesia, Malaisia
Rexións: Kalimantan do sur
Total de falantes: 3,5 millóns (censo de 2000)
Familia: Austronesia
 Malaio-polinesio
  Malaio-polinesio nuclear
   Malaio-sumbawan
    Malaio
     Banjar
Escrita: Árabe
Regulado por: Dewan Bahasa dan Pustaka
Majlis Bahasa Brunei–Indonesia–Malaysia
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: bjn
Mapa
Status

O banjar está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O banjar considérase un malaio local, pero non é particularmente achegado a ningunha outra lingua malaia.[2] Divídese en dous grandes dialectos, o da parte alta do río (Banjar Hulu) e o da parte baixa (Bajar Kuala). Pódense atopar as principais diferenzas dos dous dialectos na fonoloxía e o léxico, malia que tamén hai diferenzas lixeiras na sintaxe. O banjar hulu só ten tres vogais, /i/, /u/, i /a/. Cando unha palabra contén algunha vogal diferente a estas tres vogais, a vogal foránea é substituída cunha destas vogais baseándose na proximidade de altura e outras cualidades das vogais. O banjar kuala ten cinco vogais, /a, i, u, e, o/.

Hai un dialecto menor, o bukit, que ten un código ISO separado.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Austronesian Basic Vocabulary Database". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2006. Consultado o 18 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar